viernes, 25 de febrero de 2022

Entroido no Camballón


 Este venres vivimos unha xornada marcada polos disfraces, aquí podedes ver unha mostra do photocall que tivemos posto no exterior do centro. 

Venres de entroido!!!


 

 

Arrancamos co entroidoooo!!!....esperade a ver as sorpresas que nos deparan o día de hoxe.

Feliz venres de Entroido!!

miércoles, 23 de febrero de 2022

Visita de Dona Isaura Lorenzo Chacón


 Hoxe celebramos o día de Rosalía coa visita de outra poeta. Recibimos a Isaura Lorenzo Chacón, veciña do noso Concello e avoa dun alumno centro. Isaura mostrounos a súa obra, diversos obxectos artesanais, apeiros de labranza e utensilios de cociña sobre os que escribe os seus poemas. Moitas grazas pola visita!! 

 










Retratos de Rosalía



 

 O alumnado de 1º e 2º de ESO estivo facendo retratos de Rosalía, este é unha pequeña mostra do que se fixo.

 

 

 

 

 

 

 


 Nas clase fixeron un recital de poemas.

 

Sons das Cruces e + alá con Rosalía de Castro

 

 

No día de Rosalía ...... queremos conmemorar que en Vila de Cruces tamén hai moita poesía... e decidimos facer unha recopilación en Son das Cruces + alá. Moitas grazas á memoria das nosas e dos nosos maiores que moito saben de rimas e poemas.


 
Deixamos unha recopilación nesta publicación.
 
 
 

martes, 22 de febrero de 2022

Obradoiro de motivación



Un ano máis, o alumnado de 1º e 2º de FP Básica de Servizos Administrativos participou no obradoiro de motivación “Encantado de coñecerme”, cunha duración de doce sesións e impartido por Acode Educa.
Trátase dunha actividade na que se traballou sobre o autocoñecemento, autoestima, motivación e cohesión mediante dinámicas grupais, de forma amena e divertida. 
O alumnado quedou moi contento coa actividade. Esperamos repetir o próximo curso!

lunes, 21 de febrero de 2022

Visita de dona Isaura Lorenzo Chacón

O mércores imos ter unha visita moi especial, xa que temos a unha poeta nada Salgueiros, que ten un museo na súa casa de Carbia ambas dúas parroquias pertencentes ao concello de Vila de Cruces.
Non vos perdades a visita de Dona Isaura Lorenzo Chacón, estará na aula Manuel Dobarro.

Arranca o entroido!!

Arranca o entroido despois de Domigo de Corredor. Ide preparando os disfraces para o vindeiros venres 25 que temos moitas sorpresas no Camballón. O equipo da Biblioteca, xa puxo a cocer a cacheira, os chourizos.... e está elaborando o almoado para facer as filloas.

Mestres tamén puxo a levedar o bolo das orellas e o do disfraz.... Sabedes de que se caracterizarán este ano...!!!

O 25 saberédelo!!



jueves, 10 de febrero de 2022

As nosas alumnas gañan o concurso Odisea

 Antía Iglesias, Alicia López e Laura Vila, alumnas de Latín e Cultura Clásica de 4º de ESO veñen de proclamarse campioas de Galicia no concurso Odisea.

o mércores 16 de febreiro competirán na fase estatal do concurso.
Macte virtute! Di bene vortant!


martes, 8 de febrero de 2022

Concurso Odisea

Ars gratia artis reza o lema do concurso Odisea deste 2022. Arte por amor á arte é a filosofía que nos impulsa a quen amamos o mundo clásico nestes tempos de risco de afundimento das humanidades. E con amor e con arte non só non afundiron senón que chegaron a moi bo porto os 7 equipos que este ano representaron ao Camballón neste xa veterano concurso:As Venus, Lulaya, Χάριτες, Aiampa, Basajaun, Patroclo e Selene. Parabéns a todas e todos, foi un gozo vervos traballar arreo sen defalecer. E moitas felicidades a As Venus que obtiveron a máxima puntuación co segundo mellor tempo dos 197 equipos galegos concursantes e pasan á fase de desempate que se celebrará o vindeiro mércores 9 de febreiro.

Quod bonum, faustum, felix fortunatumque sit!

 O concurso está bastante igualdado, ahí tedes As venus loitando....💪



viernes, 4 de febrero de 2022

Visita de Carlos Negro

 

 

O alumnado de 1º de ESO do Club de Lectura  e de Investigación e tratamento da información estiveron con Carlos Negros, autor de Makinaria e Penúltimas tendencias, dous libros lidos no club. Falounos de libros e descubriunos novas formas de achegarnos á poesía.

 

 

 

 

 



20220104 Horta e Granxa da Asociación Raíña - Kizoa Movie Maker

Visita á Horta e Granxa da Asociación Raíña

 O xoves o alumnado de Fp Básica visitou a Horta e Granxa ecolóxica do marabilloso proxecto da Asociación Raiña en Vilasantar, no que aprendimos un xeito de vivir a ecoloxía, estivéronnos contando como o seu proxecto comezou da nada pero con algo indispensable para calquera proxecto, as ganas, o optimismo e o convencemento de que o mundo pode ser un lugar mellor. Elas cultivan produtos ecolóxicos cos que despois abastecen os comedores escolares, e tamén visitamos o seu galiñeiro de Galiña de Mos. Foi unha xornada produtiva e moi interesante. Convidáronnos tamén a un pique nique riquísimo.

Meco 5


 

jueves, 3 de febrero de 2022

Meco 4


 

Árbore dos desexos

                                           

  Ao longo do mes de xaneiro, o alumnado do instituto participou en distintas iniciativas que se organizaron no centro con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que se celebrou o 30 de xaneiro. Entre elas, creamos a Árbore dos desexos, unha actividade na que o alumnado plasmou por escrito os seus anhelos de paz para construir un mundo mellor, logo de reflexionar a partir da canción Imagine de John Lennon.

Como di o autor "soña con un mundo de amor e paz e farémolo realidade", así que non esquezades pechar os ollos e imaxinar un mundo en paz!


miércoles, 2 de febrero de 2022

Meco da Paz 3


 Se o día da Candeloria chora,

vai mitade do inverno fora,

se chora e rí,

inda está por vir,

que chore, que ría, que venté, 

que deixe de venteare,

a metade do inverno vai bo de pasar


martes, 1 de febrero de 2022

Visita a Casa do Maior de Duxame

 O alumnado de 2º TAPSD visitou o recurso  para a atención aos maiores da Casa do Maior de Duxame.
O obxectivo da visita foi coñecer o novo recurso recén implantado no noso concello e coñecer de primeira man a experiencia emprendedora de Cristina, a sua responsable

Meco da Paz 2


 Esta é o que manda o meco facer este primeiro día do mes de febreiro.