Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de marzo de 2023

Día mundial da poesía

O alumnado de 1º de ESO de Lingua e literatura Castelá participaron nun concurso de recitado dun
poema de Lope de Vega, Pobre barquilla mía,  que tiñan que memorizar.
 Os que mellor o fixeron foron Martiño, Hugo de 1º ESO A e Joel de 1º ESO B. Parabéns aos tres!! Hoxe no día Mundial da poesía pasaron pola radio para facer a gravación do poema

 

jueves, 13 de octubre de 2022

A maxia de Paco Lareo

 Hoxe queremos compartir este  poema de María José Viz Blanco, escritora do noso concello, adicado  ao forxador de soño da Solaina de Piloño, Paco Lareo, coincidindo co décimo aniversario do seu pasamento. 

Paco, de forma altruísta, acercou a cultura a aldea, ao concello, aos veciños e a todos aqueles que se queiran achegar a Fundación Paco Lareo (A Solaina de Piloño).

Grazas a ambos por este legado cultural.



miércoles, 23 de febrero de 2022

Sons das Cruces e + alá con Rosalía de Castro

 

 

No día de Rosalía ...... queremos conmemorar que en Vila de Cruces tamén hai moita poesía... e decidimos facer unha recopilación en Son das Cruces + alá. Moitas grazas á memoria das nosas e dos nosos maiores que moito saben de rimas e poemas.


 
Deixamos unha recopilación nesta publicación.
 
 
 

miércoles, 5 de febrero de 2020

Visita da poetisa Ana Vila Portomeñe

Hoxe visitounos a poetisa  labrega taboadense Ana Vila Portomeñe que nos explicou como crea os seus poemas. Partindo dun poema dela títulado Canta, o alumnado de 1º de ESO animouse a facer un poema e o resultado foi impresionante. Grazas Ana por compartir con nós este taller de poesía.!!


jueves, 8 de junio de 2017

Poetízate

O alumnado de 1º de ESO estiveron traballando en Lingua Castelá a poesía. Gravaron poemas de varios autores españois e en Iniciación e Tratamento da información ilustráronnos con imaxes. Este foi o resultado.




 







lunes, 20 de marzo de 2017

Recital poesía

O alumnado de 1º ESO realizou un festival  de poesía e que mellor recordo que  gravalos.

 Preme para escoitalos

lunes, 15 de febrero de 2016

San Valentín no Camballón

Poemas por San Valentín: para celebrar o día da simpatía, amizade, cariño, amor... entre os que convivimos no Camballón decidimos repartir carabeis acompañados de poemas entre a comunidade educativa. Houbo para todos. Entre os poemas que se repartiron están estes e así traballaron as colaboradoras.

Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá contribuiron a selección de textos: