lunes, 30 de mayo de 2022

Cóntame un conto!


O departamento de lingua e literatura galega, estivemos a traballar a Oralidade co proxecto "Cóntame un conto" da Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego. Recollemos contos e voltamos contalos! E hoxe fomos á gala de fin de festa, no Teatro Principal de Compostela.


 

viernes, 27 de mayo de 2022

Apadriñamento e amadriñamento lector en Nosa Señora da Piedade


 

Hoxe fixemos o apadriñamento e amadriñamento lector co alumnado do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces. O alumnado de 1º de ESO de ITI, leron 4 libros ao alumnado de Infantil.





miércoles, 25 de mayo de 2022

Traballo coas redes


 

Os alumnos/as de 2ºESO ficeron este traballo coas redes sociais e viron que se poden utilizar en positivo e que hai informacións interesantes que poden poñer ou consultar nas redes.

martes, 24 de mayo de 2022

Cooperativismo no ensino

 

Hugo Tato, Damián Torres e Nicolás Sueiro, alumnos do 2º curso de SOLCA resultaron gañadores do Accésit ao proxecto finalista coa súa proposta de empresa "Contorno Accesible" e recibirán un premio económico de 3.500€.
Este certame, organizado pola Consellería de Emprego e igualdade, ten como obxectivo promover o cooperativismo entre o alumnado impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
A idea de negocio presentada polos alumnos é a creación dunha carpintería metálica especializada na fabricación de ramplas, varandas e outras solucións para eliminar as barreiras arquitectónicas para persoas con mobilidade reducida, para que así poidan mellorar a súa calidade de vida e ver aumentada a súa autonomía persoal.

Encontro Club Lectura

Encontro co club de lectura do CPI de Vedra. Estas son algunhas das creacións literarias que realizamos a partir dunha carta do xogo Dixit!



miércoles, 18 de mayo de 2022

Quinto volume de Marco Numérico

 

Quinto volume de Marco Numérico, a nosa publicación matemática!!! Parabéns para todo o alumnado e profesorado que participou!!! 

lunes, 16 de mayo de 2022

Son das Cruces: Toiriz

 No día de hoxe emprendemos unha nova viaxe polo noso concello, neste caso da man de Anais, Cosme, Lucía e Laura. Eles foron os encargados de facer audicións aos maiores de Toiriz e así descubriron unha inscripción na Ponte, as festas do río, a feira,  as lendas, da posibilidade dun mosterio pola toponimía da aldea, dun oficio esquecido: fiadeiras de liño, grandes casas de labranza, soutos... 

Agradecer a este alumnado de Relixión por poñer por escrito a historia desta aldea e de que non quede no esquecemento.




viernes, 13 de mayo de 2022

Venta de bolsas solidarias



 

 

Recordade que seguimos co proxecto bolsas solidarias!! Podes comprar a túa durante os recreos da vindeira semana!!


jueves, 12 de mayo de 2022

Son das Cruces: Cruces

 Ainara, Andrea, Lucía e Aldara puxeron en marcha a  información recollida polos nosos maiores que naceron en Cruces de Besexos. Partiron do lugar do Camballón, pasaron polo Marco, o Laberco,as Covas, o Vilar e remataron nas Cruces de Besexos. Situaron o Cruceiro no sei lugar orixinario, o antigo Cruceiro, as prazas,a fonte Vella...



Premios escritura rápida


 Hoxe entregamos os premios do concurso de escritura rápida, organizado durante a semana do libro. Parabéns para Tiziana, Rosmari, Yohana e Lucas polos seus traballos!!!

martes, 10 de mayo de 2022

Onte fomos a Gres a levarlle música a Balbino e a Pepe Neira Vilas. Cantamos, fixemos festa e coñecemos mellor o autor de Memoria dun neno labrego. Un bonito día!



Anacos de Unto interpretada polo grupo de gaitas Luz do Ilicinio de Lestedo.

lunes, 9 de mayo de 2022

Proxecto "O poeta que baila"

 O alumnado do IES Marco do Camballón está a desenvolver o proxecto "O poeta que baila", sobre Florencio Delgado Gurriarán,  escritor homenaxeado no Día das Letras 2022. Este vídeo forma parte dun documental que está a realizar a produtora Arraianos, e no que aparecerán alumnas  e alumnos do Camballón.

 

Alumnado do IES Marco do Camballón from Arraianos on Vimeo.

Excursión a Madrid


 

 O alumnado de 4º de ESO estivo este fin de semana en Madrid. O venres visitaron o Teatro de Karpas, onde vironva obra "El perro del Hortelano"de Lope de Vega. Pasearon pola Gran Vía ata Cibeles. 

O sábado visitaron  as salas de Velázquez e Goya no Museo de Prado, recorreron os interiores do Palacio Real e as salas máis importantes, as salas de Picasso, Dalí e Miró no museo Reina Sofía e a noite asistiron ao musical de Grease.

Antes de voltar estiveron no metro e foron ao Parque Warner.






viernes, 6 de mayo de 2022

Etapa de Muxía e Fisterra


Hoxe o alumnado do IES Marco do Camballón e o alumnado de CEIP de Cerdeiriñas  participaron nunha actividade conxunta organizada polo departamento de Relixión de ambos centros sobre o Camiño de Santiago, en concreto da etapa Muxía- Fisterra. 

O alumnado de 1º e 2º de ESO resolveron algunhas cuestións prantexadas nun  tríptico sobre a ruta milenaria  que ofrece ao peregrino paisaxes únicas e unha viaxe chea de misticismo e lenda.





Premiados no concurso de Escritura Rápida


 Revisados os gañadores  do concurso de escritura rápida foron:


Martes 19:Por qué chora se a guerra está lonxe?”- Rosmari

Mércores 20:Había tempo que esta triste pero foi ao médico e só lle dixo que lle doía a cabeza”- Lucas

Xoves 21:Cando chegue a casa non quero comer porque …”- Yohana

Venres 22:Pasei correndo e non vin que…”- Tiziana

Parabéns aos ganadores e gañadoras!!

jueves, 5 de mayo de 2022

Aventura no Courel

 Aventura no Courel para o alunnado de 3ª ESO pasando por Lugo, Viladonga e Pobla do Brollón.



Proxecto bolsas solidarias

Os tendais no Camballón seguen medrando e expandindo polos corredores do centro. O alumnado está traballando a reo por unha boa causa, aqui expoñemos algunhas das creacións que seguen chegando a biblioteca.



miércoles, 4 de mayo de 2022

Proxecto: A miña horta é túa

O alumnado de Fp Básica estivo hoxe na praza do concello para promocionar e botar a andar o proxecto A miña horta é túa, proxecto no que colaboramos coa Fundación Baiuca Verdescente.O alumnado fará unha toma de contacto coa poboación para poder animar á xente á que sexa voluntaria do proxecto.

O proxecto ten que ver coa recollida de excendentes de hortas que teña a xente particular e poder doar estes excedentes como produtos frescos a persoas que o precisan, ou que son usuarias da recollida de alimentos.


Este proxecto xa se leva a cabo en Silleda dende hai uns anos, pero este ano ponse a andar en Vila de Cruces.

martes, 3 de mayo de 2022

Obradoiros sobre diversidade afectivo-sexual

 

Ao longo das dúas últimas semanas, o alumnado da ESO e FPB participou nunha serie de talleres, impartidos pola asociación Nós Mesmas. 

Conscientes de que a diversidade é unha realidade nos distintos ámbitos e aspectos da vida, e da importancia do respecto, visibilización e normalización como garantes da convivencia, no centro seguimos apostando por dar a coñecer as distintas realidades para favorecer o seu coñecemento e aceptación. 

Nas sesións afondouse sobre as distintas identidades e orientacións sexuais, a diferencia entre sexo e xénero, os esterotipos de xénero, a prevención do acoso lgtbifóbico e o papel da mocidade como motor de cambio. Asemade, en 4º da ESO e Formación Profesional Básica, ademais do anterior, profundizouse no aspecto histórico que sustenta a realidade LGTBI tal como a coñecemos hoxe en día e que fixo posible que se lograran avances na igualdade de dereitos das persoas do colectivo, se ben aínda queda camiño por percorrer.



lunes, 2 de mayo de 2022

Proxecto bolsas solidarias



 As creación do alumnado do Camballón xa está encendo os tendais da Biblioteca e dos corredores, aquí tedes algunhas delas, por se vos animades a mercar algunha. O obxectivo final é vender o maior número de bolsas para recadar fondos que serán enviados a Ucraína en forma de material sanitario.