martes, 13 de octubre de 2026
A Idade Media sae no Xornal
Unha igrexa, unha peregrinación, unha obra de arte, unha restauración ou unha celebración poden ser a porta de entrada para descubrir que o pasado segue moi presente no noso día a día.
Así, entre páxinas e titulares, o alumnado aprendeu a mirar o xornal con outros ollos e a descubrir que a historia tamén se agocha nas noticias de hoxe.
jueves, 8 de octubre de 2026
O noso propio noticieiro
O alumnado de 2º de Bacharelato de Relixión achegouse esta semana á actualidade dun xeito diferente: analizando o xornal e creando o seu propio noticieiro.
Despois de revisar diferentes novas, cada alumno e alumna escolleu aquelas que máis lle impactaron ou lle fixeron reflexionar. A partir delas, prepararon as súas intervencións para explicar non só que acontecera, senón tamén por que esa noticia lles chamara especialmente a atención.
Unha actividade para traballar a actualidade, a capacidade de análise e o pensamento crítico, pero tamén para descubrir que cada mirada sobre o mundo é única e ten algo que achegar.
Agora só queda darlle ao play e escoitar o que teñen que contarnos!
lunes, 28 de septiembre de 2026
Comezamos a nosa aventura na radio!
seus primeiros pasos no mundo da radio cunha actividade moi especial: un bingo de presentación.
Pero este non era un bingo calquera... As súas casillas estaban cheas de preguntas e pequenos retos que lles permitiron coñecerse mellor, descubrir afinidades e compartir experiencias cos seus novos compañeiros e compañeiras.
Entre risas, preguntas e respostas, fomos descubrindo que detrás de cada nome hai unha historia, unha afección, un soño e moitas cousas que compartir. E así, dun xeito sinxelo e divertido, comezamos a construír algo fundamental: un grupo no que todos e todas teñan a súa voz. Despois deste primeiro achegamento, tamén comezamos a falar de Relixión, dunha maneira aberta, próxima e participativa. Porque aprender Relixión non é só coñecer conceptos: é tamén preguntarnos, dialogar, escoitar outras persoas, coñecer diferentes formas de entender o mundo e reflexionar sobre aquilo que nos fai ser quen somos. E que mellor maneira de comezar que diante dun micrófono?
A radio será, ao longo do curso, unha oportunidade para investigar, crear, preguntar, pensar, expresarnos e perder o medo a falar en público. Cada programa será unha pequena aventura e cada voz terá algo que achegar.
Hoxe comezamos cun bingo. Mañá... quen sabe ata onde nos levará a nosa voz?
Benvidos e benvidas á radio de 1º ESO! Que comece a aventura!
martes, 22 de septiembre de 2026
A Idade Media chega á radio da man do alumnado de 2º ESO
O alumnado de 2º da ESO de Relixión achegouse á Idade Media dunha maneira diferente e moi participativa: a través dunha actividade de radio.
Durante o desenvolvemento desta proposta, os alumnos e alumnas realizaron un interesante traballo de investigación sobre a Idade Media, buscando información, seleccionando os datos máis relevantes e preparando os contidos que posteriormente levarían ao programa de radio.A actividade permitiulles coñecer mellor unha época fundamental da nosa historia, achegándose a diferentes aspectos da sociedade medieval, da cultura, da relixión e da vida cotiá. Pero, ademais de aprender sobre o pasado, o alumnado tivo a oportunidade de desenvolver outras competencias como a busca e selección de información, a expresión oral, o traballo en equipo e a comunicación.
Poñerse diante dun micrófono supuxo tamén un pequeno reto: organizar as ideas, preparar os guións, expresarse con claridade e compartir cos demais o resultado da súa investigación.
Con actividades como esta, a aprendizaxe sae das aulas e convértese nunha experiencia máis dinámica, na que o alumnado é protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.
Parabéns ao alumnado de 2º ESO polo traballo realizado e por demostrar que a Historia tamén se pode aprender... e contar na radio!
miércoles, 16 de septiembre de 2026
A Idade Media chega a Radio do Camballón!
Pois este curso, o alumnado de 2º da ESO está disposto a descubrilo!
Comezamos unha nova aventura na Radio da Biblioteca e o primeiro destino da nosa viaxe é nada máis e nada menos que… a Idade Media!
Pero antes de acender os micrófonos, hai moito traballo detrás.
O alumnado está a traballar en grupo na elaboración da escaleta do primeiro programa de radio do curso. E unha escaleta non é simplemente unha lista de cousas que hai que dicir: é o mapa que nos permitirá facer viaxar aos oíntes a través do tempo.
Cada equipo achega ideas, busca información, organiza contidos, debate, decide que contar e, sobre todo, aprende a construír unha historia entre todos e todas.
- Quizais nos encontremos con castelos e cabaleiros...- Quizais descubramos como vivían reis e raíñas...
- Quizais entremos nun mosteiro medieval...
- Ou quizais descubramos que a Idade Media ten moito máis que contarnos do que imaxinabamos.
E hai algo aínda máis importante: non están simplemente estudando a Idade Media; están transformando o que aprenden nun programa de radio.
Aquí a aula sae fóra da aula.
Aquí os libros convértense en voces.
Aquí o coñecemento convértese en historias.
E aquí cada integrante do equipo ten algo que achegar.
Pensar. Investigar. Crear. Organizar. Escoitar. Comunicar.
Ese é o reto.Porque detrás dun bo programa de radio hai moitas voces, moitas ideas e moitas persoas traballando xuntas.
A aventura acaba de comezar...
Dentro de pouco, os micrófonos acenderanse e 2º ESO abrirá as portas do seu primeiro programa.
Mentres tanto, seguimos preparando a viaxe...
Abróchense os cintos, ou mellor dito, axusten as armaduras!
A Idade Media está a piques de entrar na radio.
E esta vez, a historia cóntana eles e elas.
Boa viaxe, 2º ESO! A radio é vosa.
jueves, 18 de junio de 2026
Descubrindo San Xoán de Toiriz: unha ruta con historia
O alumnado de 4º da ESO Fabián, Elena e Xoel participou recentemente nunha saída didáctica dentro do proxecto Son das Cruces, unha experiencia que nos permitiu coñecer de primeira man o patrimonio histórico e cultural da nosa contorna.
A ruta comezou no lugar da Cima da Aldea, dende onde iniciamos o percorrido por unha fermosa corredoira que nos levou ata Foxacos. Durante o traxecto, o alumnado puido observar elementos propios da paisaxe tradicional galega, así como reflexionar sobre a importancia de conservar estes espazos.A continuación, desprazámonos ata Madrosende, onde visitamos a antiga escola de nenas. Neste mesmo lugar achegámonos á Igrexa de San Xoán, un templo de grande interese histórico, construído no século XII e que sufriu diversas reformas no século XVIII. Trátase dunha igrexa de unha soa nave cun ábside, na que destaca o altar, presidido por unha cruz datada no ano 1932. Tamén chamaron a atención as súas campás: a máis grande, de 1881, e a pequena, de 1880. Aqui atopamos un castiñeiro senlleiro.
O percorrido continuou pasando polo cruceiro da Senra en dirección a Fafias. Neste lugar atopamos un interesante elemento arquitectónico: a parte superior do portal dunha casa de pedra, coñecida como dintel ou cargadoiro, datada en 1771. Fafias foi tamén un punto importante na vida social da zona, xa que alí
se celebraba a feira das mazarocas. Ademais, antigamente acollía a escola dos nenos e conserva outro cruceiro que forma parte do patrimonio local.
Seguimos a ruta pasando pola fonte do lugar ata chegar á área recreativa, onde puidemos observar unha antiga inscrición, hoxe xa ilexible, que esperta a curiosidade sobre o pasado deste espazo.
Na aldea inda quedan moitos hórreos, construccións onde se gardaba o millo.
Finalmente, regresamos ao punto de partida, pechando así unha xornada enriquecedora na que o alumnado non só coñeceu mellor a súa contorna, senón que tamén valorou a importancia de preservar o noso patrimonio cultural e histórico.
martes, 28 de abril de 2026
Visita á Fundación Paco Lareo
Da man de Carmen Lareo, presidenta da Fundación, coñeceron as obras de distintos artistas que están expostas na Solaina. Tamén descubriron a figura de Paco Lareo, as actividades da fundación e o seu importante papel como foco cultural e dinamizador do rural.
Queremos agradecer a Carmen Lareo a súa acollida e amabilidade!
Apadriñamento lector
alumnado de infantil que estivo moi atento e interesado nas historias que os seus padriños e madriñas maiores contaban.
A continuación, na biblioteca do centro, realizaron unha actividade en torno á
lectura. Fixeron unhas árbores moi fermosas. Nos troncos escribiron os seus nomes e pintaron debuxos alusivos aos contos, creando así o bosque dos libros!
Foi unha xornada moi especial na que compartimos historias e experiencias! Moitas grazas ás profes de infantil polo seu traballo e implicación!
viernes, 24 de abril de 2026
Nas alturas dos Picos: unha viaxe para lembrar
Foi unha experiencia que combinou aprendizaxe e emoción, natureza e convivencia, e que, sen dúbida, permanecerá na memoria de todos e todas como unha das vivencias máis enriquecedoras do curso.
Un día inesquecible en Cabárceno
Hoxe o alumnado viviu unha xornada moi especial visitando o Parque da Natureza de Cabárceno, un espazo único situado nun antigo enclave mineiro que sorprende pola súa beleza e dimensión.
Ao longo do día, puideron observar de preto unha gran variedade de animais salvaxes que viven en réxime de semiliberdade, aprendendo sobre os seus hábitats, costumes e a importancia da súa conservación. Leóns, elefantes, xirafas ou osos foron algúns dos protagonistas desta experiencia tan enriquecedora.Un dos momentos máis emocionantes da visita foi, sen dúbida, a demostración de voo de aves rapaces, onde o alumnado quedou abraiado coa destreza e elegancia destas aves en pleno voo.
Sen dúbida, foi unha saída didáctica chea de aprendizaxes, emocións e convivencia que quedará na memoria de todos e todas.
miércoles, 22 de abril de 2026
Un día de aventura, encontro e emocións entre o Sella e Covadonga
levantándose pouco a pouco e o son da auga acompañándonos, o alumnado preparouse para unha das experiencias máis esperadas: o descenso en canoa polo río Sella.
Entre risas, algún que outro salpico inesperado e moito compañeirismo, foron
avanzando ao ritmo da corrente, descubrindo a beleza da natureza e aprendendo tamén a coordinarse e axudarse uns aos outros.
martes, 21 de abril de 2026
Aventura, convivencia e natureza en Asturias e Cantabria
Neste primeiro día, a aventura xa comezou con forza nun parque de
actividades, onde o alumnado puido poñer a proba a súa destreza, superar retos e, sobre todo, aprender a confiar nos demais e en si mesmos. Foi unha xornada chea de emocións, risas e compañeirismo.
E mañá… que novas experiencias lles agardarán? Seguro que será outro día cheo de descubrimentos, aprendizaxes e momentos inesquecibles que seguirán facendo desta viaxe unha vivencia moi especial.
lunes, 20 de abril de 2026
Compartindo contos, creando ilusións. Apadriñamento lector
O alumnado de 1º de ESO da materia de Relixión visitou hoxe ao alumnado de infantil do colexio A Nosa Señora da Piedade para compartir unha fermosa xornada de lectura.
Durante a mañá, pequenos e maiores gozaron de contos, xogos e momentos de convivencia que encheron o parque de ilusión e sorrisos. Esta actividade permitiu non só fomentar o gusto pola lectura, senón tamén fortalecer valores como a empatía, o coidado dos demais e a colaboración.
Queremos agradecer ás profes de infantil a súa acollida e o seu excelente traballo, que fixeron desta experiencia un recordo moi especial para todo o alumnado
















































