O alumnado de 1º de ESO de Relixión, visitou onte a Fundación Paco Lareo.
Da man de Carmen Lareo, presidenta da Fundación, coñeceron as obras de distintos artistas que están expostas na Solaina. Tamén descubriron a figura de Paco Lareo, as actividades da fundación e o seu importante papel como foco cultural e dinamizador do rural.
Queremos agradecer a Carmen Lareo a súa acollida e amabilidade!



No hay comentarios:
Publicar un comentario