Foi unha experiencia que combinou aprendizaxe e emoción, natureza e convivencia, e que, sen dúbida, permanecerá na memoria de todos e todas como unha das vivencias máis enriquecedoras do curso.
viernes, 24 de abril de 2026
Nas alturas dos Picos: unha viaxe para lembrar
A nosa saída a Asturias e Cantabria chega ao seu fin deixando unha chea de experiencias inesquecibles. Un dos momentos máis impactantes foi, sen dúbida, a subida no único telesférico dos Picos, que nos elevou máis de 200 metros ata situarnos preto dos 2.000 metros de altitude. A medida que ascendían, o silencio e a inmensidade da paisaxe ían conquistando a todos e todas.Xa no alto, dende o Miradoiro do Balcón, tiveron a oportunidade de comprender mellor este impresionante entorno natural. Alí, o alumnado participou nunha explicación completa na que se abordaron aspectos clave como a formación xeolóxica dos Picos, as características do seu clima, a súa rica historia, a diversidade biolóxica e mesmo trazos da etnografía da zona.Ademais, realizaron un paseo polas altas cimas de Cantabria, onde puideron observar a pegada dos antigos glaciares, minas abandonadas e un espectacular ambiente de alta montaña. A experiencia fíxose aínda máis especial ao ter a sorte de ver voar sobre as súas cabezas aves como os voitres e os alimouches, completando así unha xornada única en contacto directo coa natureza.
Etiquetas:
1º Bac,
3º ESO,
4º ESO,
Asturias,
Cantabria,
Picos de Europa,
Relixión,
Telesférico Fuentede
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



No hay comentarios:
Publicar un comentario