viernes, 30 de octubre de 2026

Unha ronda do séptimo arte: " La bola negra"

 Xoves 29 de outubro, nove menos cindo da mañá, o autobús agarda polos derradeiros un ou dous rezagados do alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato, para dirixirmos á capital galega co obxectivo de ver a peli española do momento.

Estamos chegando ó centro de Santiago, tralas pertinentes indicacións da profesora organizadora da actividade, baixamos preto do casco histórico, e poucos pasos despois mediante unha galería alcanzamos a sala onde vai ter lugar o evento. Unha pequena introdución das humildes características da empresa e da obra, realizada amablemente polo persoal do lugar, precede ó visionado do filme. 

Un producto de ficción froito dun traballo moi riguroso de documentación e de arte, aínda que con persoas reais e acontecementos históricos que se entremezclan, xunto cunha excelente fotografía e banda sonora estremecedora, envolve ó espectador en torno a tres liñas argumentais cun, canto menos notable común denominador, quen sabe se máis. Esa información queda relegada a futuros espectadores e espectadoras, por aquelo de non facer spoiler.

Unha produción na que se reflexa drama, literatura, historia, incluso con algún pequeno toque humorístico, e que representou e segue representando o cine español alén das nosas fronteiras, sendo canto menos, didáctica e moi digna de ver.

É preciso destacar ó impecable comportamento do alumnado na actividade extraescolar, tanto durante o visionado do filme como antes e despois. Así dá gusto levalos a estas actividades. 


jueves, 29 de octubre de 2026

Quen está detrás dos grandes descubrimentos científicos?

 Coa mirada posta na próxima celebración do Mes da Ciencia, o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato púxose na pel de pequenos investigadores e investigadoras para descubrir a vida e o traballo de grandes científicos e científicas, así como as súas achegas á sociedade.


E a actualidade púxonolo aínda máis doado! A coincidencia da actividade coa entrega dos premios Nobel de 2026 espertou a curiosidade do alumnado e animou algúns estudantes a investigar sobre estes prestixiosos galardóns, incluíndo entre os seus traballos un dos premios concedidos nesta edición.








 

miércoles, 28 de octubre de 2026

Unha biblioteca por descubrir, mil aventuras por vivir!

Con motivo do Día das Bibliotecas, o alumnado de 1.º da ESO participou nunha sesión de formación de usuarios moi especial. Pero desta volta, a aprendizaxe veu acompañada de misterio, emoción e moitas ganas de descubrir! 

A través dun scape room, os nosos rapaces e rapazas convertéronse en investigadores, exploradores e viaxeiros, tres equipos con diferentes misións e un obxectivo común: percorrer todos os espazos da biblioteca, explorar cada recuncho e descubrir os segredos que agocha.

Seguindo pistas, resolvendo enigmas e traballando en equipo, aprenderon a orientarse na biblioteca, a coñecer os seus recursos e a descubrir todo o que este espazo lles pode ofrecer. Porque para coñecer unha biblioteca non abonda con abrir a porta: hai que deixarse levar pola curiosidade, atreverse a explorar e ter ganas de atopar novas historias.

Celebrar o Día das Bibliotecas é tamén lembrar que cada libro agocha unha oportunidade, cada páxina pode abrirnos unha porta e cada lectura pode cambiar a nosa maneira de mirar o mundo.

E se hai algo que queremos que quede desta aventura, é que ler nos fai medrar.


martes, 27 de octubre de 2026

O xadrez volve ao recreo!

As pezas xa están sobre o taboleiro e as partidas volven encher de estratexia, concentración e compañeirismo os nosos recreos! 

Retomamos as partidas de xadrez, unha actividade na que aprender e divertirse van da man. Grazas á colaboración dos compañeiros e compañeiras máis expertos, quen está a dar os primeiros pasos pode aprender movementos, descubrir estratexias e mellorar pouco a pouco.


O recreo convértese así nunha oportunidade para pensar, anticiparse, tomar decisións e, sobre todo, gozar do xogo en boa compañía. Tanto se xa es un experto como se aínda estás aprendendo a mover as pezas, o taboleiro está aberto para todas as persoas que queiran xogar!


Anímate a participar, aprende dos demais e descubre todo o que podes gozar diante dun taboleiro.

lunes, 26 de octubre de 2026

O recanto de costura, en plena actividade!

O pasado venres, o recanto de costura estivo a tope!  Entre teas, agullas e moita creatividade, as mans puxéronse a traballar para dar vida a novas ideas. 

Porque coser tamén é compartir, aprender e desfrutar xuntas… e aquí non perdemos o fío! 



Seguimos cosendo momentos bonitos!

sábado, 24 de octubre de 2026

Unha biblioteca de medo… e de amor!

Con motivo do Día das Bibliotecas, queremos celebrar eses lugares tan especiais onde cada libro abre unha porta a novas aventuras, emocións e mundos por descubrir.

Cabazas, arañas e pantasmas invadiron a nosa biblioteca para celebrar o Samaín! Pero que ninguén se asuste, que aquí o único que dá medo é quedar sen libros que ler! 

E como entre susto e susto tamén hai sitio para o amor, preparámosvos unha recomendación de libros románticos para namorarse… das historias! 

Vén á biblioteca e descubre a maxia dos libros! Porque aquí hai historias para tremer de medo e outras para morrer de amor! 



viernes, 23 de octubre de 2026

Celebramos o Día das Bibliotecas cunha aventura moi especial!


Temos todo listo para vivir unha aventura moi especial!

O alumnado de 1.º da ESO e de 1.º dos ciclos formativos  de Solca e A


tención a dependencia está a piques de descubrir a biblioteca dun xeito diferente, divertido e cheo de sorpresas: a través dun scape room no que a curiosidade, o traballo en equipo e a resolución de enigmas serán os grandes protagonistas.

O obxectivo? Coñecer mellor a nosa biblioteca, descubrir todo o que nos ofrece e aprender que entre libros, recursos e espazos por explorar agóchase un mundo cheo de posibilidades.

Será unha oportunidade para investigar, pensar, colaborar e, sobre todo, demostrar que aprender tamén pode ser unha aventura. Porque a biblioteca non é só un lugar onde atopar libros: é un espazo para descubrir, compartir, imaxinar e deixar voar a creatividade.O reto está preparado, as pistas agardan e a aventura está a piques de comezar.

Estades preparados e preparadas para abrir a porta ao coñecemento? A biblioteca agarda por vós!

Que comece o xogo!

miércoles, 21 de octubre de 2026

Mércores de reivindicación e loita pola educación pública!

Podemos practicar un pouco a ortografía, como se fixo hoxe no contexto do proxecto de prensa-escola.

 

 

lunes, 19 de octubre de 2026

Día mundial do cancro de mama

Empregamos esta creación artística dun dos alumnos do centro para, neste día mundial do cancro de mama, para tentar dalgunha maneira contribuir a concienciar do perigo desta enfermidade, da necesidade de fomentar a súa detección precoz, e apoiar ás persoas que a sofren, amigos e familiares con fin de paliar a súa acción na medida do posible.

A loita contra ela comeza con, entre outras moitas accións, tentar visibilizar máis a enfermidade.

Grazas a Santi Rivas pola súa contribución con este debuxo.



 

viernes, 16 de octubre de 2026

Conmemoración da muller escritora

Son, como mínimo o 50% da poboación, merecen como mínimo o mesmo recoñecemento, escriben, como mínimo igual ou mellor. Non é cuestión de comparar, é cuestión de igualar, non se fala de que parte da nosa especie, por certo, palabra femenina, ten que valer máis ou menos, trátase de recoñecer realidades. 




Este día é un reivindicativo, de literatura feita por esa metade da nosa especie sen a que, evidentemente non continuaría, e  que, dende diferentes realidades socioculturais, as veces en mellor situación, as veces en contextos moi complexos, conseguen deleitar a toda a humanidade coa arte da articulación das palabras, da narrativa de historias, de textos que invitan á reflexión, en xeral, de literatura do máis alto nivel, e as veces, non suficientemente recoñecido. 





jueves, 15 de octubre de 2026

Arranca o voluntariado da radio

Comeza a andadura radiofónica de alumnado do centro que se fará nos recreos. Os voluntarios e voluntarias pertencentes ós grupos de 4ºda ESO, 1º de Bacharelato e do ciclo de APSD realizarán podcast sobre temática variada co obxectivo de amenizar os nosos ratos de lecer. 

Comezarán a emitir a partir de mañá venres nos recreos.

Estes podcasts poderán ser escoitados na coñecida plataforma dixital IVOX inaugurando así as primeiras andaduras nas ondas do alumnado e esperemos que non sexan as derradeiras. 

Sobre qué temas nos ilustrarán os nosos queridos pupilos? 

Estade atentos as ondas do IES Marco do Camballón e descubrirédelo!



 

miércoles, 14 de octubre de 2026

Traballando diversidades da man da "La Voz de Galicia"

 No contexto do proxecto da biblioteca deste trimestre baseado na diversidade, como elemento transversal, xunto co proxecto de Prensa-Escuela na materia de Lingua Castelá e Literatura, traballáronse as identidades en 2º de ESO.

Nun mundo globalizado onde onde informacións, relacións socioeconómicas, culturais ou o simple contacto espállase por todo o Planeta é preciso comprender a diversidade social, cultural, non só no noso país, senón tamén nas propias aulas, pois non son alleas á realidade cotidiana. 

O centro, con presenza de alumnado de diferentes países e culturas do mundo debe ser exemplo de convivencia e aceptación do outro, que vai na liña de competencias tan importantes como a Cidadá e a Cívica, propias do noso sistema educativo. 

Na aula de 2ºde ESO traballouse ca noticia da película baseada no tema das migracións e dos sentimentos de pertenza a un territorio, país ou cultura, como pretexto para atopar nesta noticia os elementos básicos da comunicación, como son o emisor, receptor, mensaxe, código, canle e o contexto.


martes, 13 de octubre de 2026

A Idade Media sae no Xornal

 Na clase de Relixión quixemos demostrar que a historia non está só nos libros. Para iso, achegámonos á prensa diaria na procura de novas, referencias e elementos que nos permitisen viaxar ata a Idade Media e, especialmente, ao mundo do Románico.

Unha igrexa, unha peregrinación, unha obra de arte, unha restauración ou unha celebración poden ser a porta de entrada para descubrir que o pasado segue moi presente no noso día a día.

Así, entre páxinas e titulares, o alumnado aprendeu a mirar o xornal con outros ollos e a descubrir que a historia tamén se agocha nas noticias de hoxe.

viernes, 9 de octubre de 2026

Sorpresas no Certamen Carlos Asorey

A II edición do Certame de Curtas Documentais Carlos Asorey, organizado pola Fundación Paco Lareo-A Solaina, foi toda unha sorpresa e unha experiencia moi enriquecedora.

Foi un pracer formar parte do xurado e achegarnos a tres propostas documentais: Penagache,


de Marcos Seijo; Casarocos, de Alicia López; e A senda da Deshabitaxe, de Candela Conde.

A xornada  de hoxe contou tamén cun emotivo saúdo de Alfonso Pato, director do Festival de Cans, que puxo un toque especial a este encontro arredor do cinema e da cultura galega.

Unha experiencia para lembrar, compartir e seguir celebrando o talento e as historias que nacen da nosa terra.

Grazas á Fundación Paco Lareo-A Solaina por facelo posible!


Delia, memoria viva do Camballón

                                                                   Querida Delia:

Hai persoas que forman parte da historia dun lugar, e ti es, sen dúbida, unha delas.

Viches medrar o Camballón desde aqueles primeiros pasos ata o que é hoxe. Viviches a súa evolución, os seus cambios, os seus retos e as súas alegrías. E fíxoo tamén grazas a ti, ao teu traballo, á túa dedicación e a esa presenza constante que, moitas veces sen facer ruído, resulta imprescindible para que todo funcione.

Desde o teu posto de administrativa, fuches moito máis ca unha profesional: fuches memoria, compromiso, apoio e compañeira de tantas persoas que compartiron contigo este camiño.

Ti es, dalgún xeito, como a biblioteca do centro: un lugar onde se garda a memoria, onde cada páxina conta unha historia e onde sempre hai algo que descubrir. Coñeces tantos capítulos da vida do Camballón, tantos momentos, tantas persoas e tantas vivencias, que eres parte dese libro colectivo que fomos escribindo entre todos ao longo dos anos. Un libro que tamén leva a túa letra, a túa pegada e o teu corazón.

Porque detrás de cada etapa, de cada logro e de cada pequeno paso adiante, hai persoas que deixan pegada, e ti deixaches unha moi especial no corazón do Camballón.

Hoxe comezas unha nova etapa, e aínda que os cambios sempre teñen algo de nostalxia, tamén traen consigo novas ilusións, tempo para ti e oportunidades para seguir escribindo fermosas páxinas na túa vida.

Queda atrás unha longa historia compartida, chea de momentos, experiencias e recordos que sempre formarán parte de ti e de nós. Pero, sobre todo, queda a gratitude por todo o que achegaches e polo privilexio de ter contado contigo durante tantos anos.

Grazas, Delia, por medrar co Camballón, por axudar a construílo día a día e por ser unha desas persoas que fan que un centro sexa moito máis ca un lugar de traballo: que sexa un lugar con memoria, con vida e con corazón.

Desexámosche que esta nova etapa veña chea de saúde, tranquilidade, alegría e momentos bonitos. Que a vida che devolva, en forma de felicidade, unha pequena parte de todo o que ti fuches dando aos demais.

O Camballón seguirá medrando e escribindo novas páxinas, pero sempre haberá un capítulo especial reservado para ti. Porque as persoas que forman parte da historia dun lugar nunca desaparecen dela.

Grazas por todo, Delia. Esta non é só unha despedida, é unha homenaxe a unha traxectoria, a unha compañeira e a unha persoa que merece todo o noso cariño e recoñecemento.

Que esta nova páxina da túa vida sexa unha das máis fermosas de ler.

Unha aperta enorme e os mellores desexos para todo o que está por vir.


jueves, 8 de octubre de 2026

O noso propio noticieiro

 O alumnado de 2º de Bacharelato de Relixión achegouse esta semana á actualidade dun xeito diferente: analizando o xornal e creando o seu propio noticieiro.




Despois de revisar diferentes novas, cada alumno e alumna escolleu aquelas que máis lle impactaron ou lle fixeron reflexionar. A partir delas, prepararon as súas intervencións para explicar non só que acontecera, senón tamén por que esa noticia lles chamara especialmente a atención.


Unha actividade para traballar a actualidade, a capacidade de análise e o pensamento crítico, pero tamén para descubrir que cada mirada sobre o mundo é única e ten algo que achegar.
Agora só queda darlle ao play e escoitar o que teñen que contarnos!

 

 

 

Prensa-Escuela na aula de Lingua Castelá

O alumnado de 2º de ESO puxo en práctica o proxecto Prensa-Escuela na materia de Lingua Castelá a través de dúas novas de actualidade.

Nunha delas, sobre obesidade infantil, traballaron na identificación de pronomes persoais tónicos e átonos. Noutra, dedicada ás treboadas, buscaron e clasificaron os conectores discursivos.

Deste xeito, a prensa convértese nun recurso para aprender lingua a partir de textos reais, achegando a aula á actualidade e facendo que a aprendizaxe sexa máis significativa.


miércoles, 7 de octubre de 2026

O noso alumnado volve ser xurado no II Concurso de Curtas Documentais Carlos Asorey


Hai experiencias que van moito máis alá da aula. Experiencias que nos permiten aprender, mirar o mundo con outros ollos e, sobre todo, sentir que a nosa voz e o noso criterio tamén importan.

O vindeiro venres, o noso alumnado terá de novo a oportunidade de formar parte do xurado do II Concurso de Curtas Documentais Carlos Asorey, organizado pola Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño.

E dicimos de novo porque volver participar nesta iniciativa é, para nós, un motivo enorme de orgullo e ilusión.

Durante a xornada, as nosas alumnas e alumnos serán espectadores, pero tamén críticos, observadores e protagonistas dun encontro arredor do cinema documental. Terán que mirar, escoitar, reflexionar, valorar e deixar falar esa mirada propia que tanto nos gusta cultivar na escola.

Porque ser xurado non é simplemente escoller unha curta. É aprender a mirar o que outros contan, descubrir historias, emocionarse con elas e argumentar por que unha obra nos chega máis fondo ca outra.

E quizais aí estea o máis fermoso desta experiencia: que o cinema se converta nunha porta para coñecer outras realidades e que o noso alumnado poida atravesala coa curiosidade, a sensibilidade e o pensamento crítico que queremos que os acompañen sempre.

Grazas á Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño por contar novamente con nós e por facer posible que as novas xeracións se acheguen ao cinema, á cultura e á creación desde un papel tan especial.

Estamos desexando vivir esta nova edición. E que fale o noso alumnado.
 
 

 

martes, 6 de octubre de 2026

Iniciando as ondas!


 Escoitan vostedes as ondas? 

Sobre que temas lles gostan os podcasts? Deportes, literatura, viaxes, noticias, ciencia, humor, historia?

O alumnado de 1º de ESO recibiu unha formación maxistral para iniciarse nas ondas da man de Damián e iniciáronse en moitos dos aspectos que abrangue a comunización con este maravilloso aparello. 

-Traballaron o acopio de información sobre podcast de temas do seu interese, relativo a competencias como a lingüística.

-Practicaron a comunicación, entrenando a dicción, a lectura, comprensión, entonación e o diálogo para lograr transmitir moito máis con cada verba.

-Colaboraron en modo cooperativo para deseñar o guión de cadanseu programa.

-Incluíron nestes, humor con chistes, desafíos mediante adiviñanzas, sabedoría popular a través de refráns e antigos proverbios. 


Sairán daquí os presentadores do mañá? Tentarémolo, por esforzo e ilusión que non sexa!

viernes, 2 de octubre de 2026

Comeza a conta atrás para o Entroido!

 A pouco menos de tres meses para o Entroido, toca poñerse mans á obra: hai que preparar os disfraces, os discursos e, sobre todo, ir aprendendo a vivir unha tradición que queremos manter viva.

Por iso, na nosa Escola de Xenerais do Ulla, contamos con Suso Leal, que nos achegou as primeiras nocións e nos explicou como podemos comezar a preparar os discursos  do alumnado de 1º ESO e a súa participación na Vellada.

Na charla estiveron tamén representantes das asociacións de entroido de Merza, Piloño e Salgueiros, así como Noemí Loisa, concelleira de Benestar Social, Deporte e Sanidade, que quixo acompañarnos neste primeiro paso.

E xa temos vellada para o Entroido!

A conta atrás comezou. Agora toca aprender, ensaiar e poñerlle moita ilusión. Que viva o Entroido e que viva a tradición!


Arranca a Escola de Xenerais do Ulla

 Comeza unha nova andaina para o noso alumnado de 3º e 4º de ESO! A Escola de Xenerais do Ulla abriu as súas portas coa presenza de representantes das


asociacións de entroido de Merza, Piloño e Salgueiros, así como de Noemí Lois, concelleira de Benestar Social, Deporte e Sanidade, que quixo acompañarnos.

Contamos tamén con Suso Leal, que compartiu connosco as primeiras nocións para iniciarnos nesta fermosa aventura e descubrir a riqueza dunha tradición que forma parte da nosa identidade.

E se hai algo que nos emocionou especialmente foi poder coñecer e poñer en valor o traxe de Xeneral da Asociación Vello dos Cornos, con máis de 70 anos de historia. Unha peza que garda nas súas costuras memoria, tradición e orgullo.



Agora comeza o camiño. Que soen as cornetas, que medre a ilusión e que a tradición siga viva nas novas xeracións!