A pouco menos de tres meses para o Entroido, toca poñerse mans á obra: hai que preparar os disfraces, os discursos e, sobre todo, ir aprendendo a vivir unha tradición que queremos manter viva.
Por iso, na nosa Escola de Xenerais do Ulla, contamos con Suso Leal, que nos achegou as primeiras nocións e nos explicou como podemos comezar a preparar os discursos do alumnado de 1º ESO e a súa participación na Vellada.
Na charla estiveron tamén representantes das asociacións de entroido de Merza, Piloño e Salgueiros, así como Noemí Loisa, concelleira de Benestar Social, Deporte e Sanidade, que quixo acompañarnos neste primeiro paso.
E xa temos vellada para o Entroido!
A conta atrás comezou. Agora toca aprender, ensaiar e poñerlle moita ilusión. Que viva o Entroido e que viva a tradición!

No hay comentarios:
Publicar un comentario