Estamos chegando ó centro de Santiago, tralas pertinentes indicacións da profesora organizadora da actividade, baixamos preto do casco histórico, e poucos pasos despois mediante unha galería alcanzamos a sala onde vai ter lugar o evento. Unha pequena introdución das humildes características da empresa e da obra, realizada amablemente polo persoal do lugar, precede ó visionado do filme.
Un producto de ficción froito dun traballo moi riguroso de documentación e de arte, aínda que con persoas reais e acontecementos históricos que se entremezclan, xunto cunha excelente fotografía e banda sonora estremecedora, envolve ó espectador en torno a tres liñas argumentais cun, canto menos notable común denominador, quen sabe se máis. Esa información queda relegada a futuros espectadores e espectadoras, por aquelo de non facer spoiler.
Unha produción na que se reflexa drama, literatura, historia, incluso con algún pequeno toque humorístico, e que representou e segue representando o cine español alén das nosas fronteiras, sendo canto menos, didáctica e moi digna de ver.
É preciso destacar ó impecable comportamento do alumnado na actividade extraescolar, tanto durante o visionado do filme como antes e despois. Así dá gusto levalos a estas actividades.


No hay comentarios:
Publicar un comentario