Mostrando entradas con la etiqueta Recomendación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2026

Matemáticas para entender o mundo: o IES Marco do Camballón publica un novo volume de MARCO NUMÉRICO

 


A publicación, elaborada polo alumnado de 2º de Bacharelato, será presentada o vindeiro 16 de xuño nun acto aberto ao público coa participación da matemática Elena Vázquez Abal.

O Departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón vén de publicar o sétimo volume de MARCO NUMÉRICO, a revista de investigación matemática elaborada polo alumnado da materia Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º de Bacharelato.

Trátase dun proxecto educativo consolidado no centro que, ao longo dos últimos anos, permitiu ao alumnado desenvolver investigacións propias arredor de cuestións de actualidade mediante a aplicación de ferramentas estatísticas e modelos matemáticos. A iniciativa combina a aprendizaxe dos contidos da materia co desenvolvemento de competencias científicas, documentais e comunicativas, achegando o alumnado aos procesos propios da investigación académica.


Nesta nova edición recóllense dez artigos que abordan problemas e fenómenos de ámbitos tan diversos como a ciencia forense, a meteoroloxía, o deporte, a ecoloxía mariña, a microbioloxía, o mercado laboral, a astronomía, a percepción humana ou a intelixencia artificial. Os traballos aplican conceptos como o teorema de Bayes, as cadeas de Markov, os modelos binomiais e normais ou as técnicas de estimación estatística para analizar situacións reais desde unha perspectiva matemática.

Como é habitual en todos os volumes da revista, o limiar está asinado por unha personalidade destacada da comunidade científica galega. Nesta ocasión, a autora convidada é Elena Vázquez Abal, catedrática da área de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, unha das matemáticas galegas de maior prestixio e recoñecemento no ámbito da investigación e da divulgación científica.

Os artigos incluídos neste sétimo volume son:


● Culpábel ou inocente? Estudo bayesiano da evidencia forense

● Valor preditivo das alertas de tormenta en Galiza. Bayes contra o lume

● Cando o VAR intervén. O teorema de Bayes na análise de decisións arbitrais

● O ciclo de nitróxeno en ecosistemas mariños galegos. Un modelo markoviano

● Evolución microbiana: aplicacións de Markov na aparición de superbacterias

● Fluxos no emprego: análise da dinámica laboral española mediante cadeas de Markov

● Do tránsito á confirmación: modelando deteccións de exoplanetas con binomial e normal

● A percepción humana da temperatura: estimación do erro medio na avaliación térmica

● Como nos engana a intelixencia artificial? Estimación da proporción de acertos na identificación de imaxes

● Velocidade de reacción ante estímulos visuais: estimación da media mediante intervalos de confianza


A presentación oficial da revista tivo lugar onte na Biblioteca do IES Marco do Camballón. O acto contou coa participación do alumnado autor dos traballos, profesorado do centro e da propia Elena Vázquez Abal, que compartirá co público asistente a súa visión sobre o papel das matemáticas e da investigación na sociedade actual.

Con esta iniciativa, o IES Marco do Camballón reafirma a súa aposta por unha educación baseada na investigación, no pensamento crítico e na divulgación científica, fomentando entre o alumnado o interese polas matemáticas e a súa aplicación aos retos do mundo contemporáneo.



miércoles, 1 de octubre de 2025

Recomendacións do mes de outubro

 

O alumnado de 2º de Bacharelato, foron a radio para recomendarnos algunhas lecturas para este mes de outubro. 

 

Hai moita variedade de temáticas e de xéneros literarios. Pasade pola biblio e botádelle un ollo a estantería de novidades.






martes, 10 de junio de 2025

Recomendación de Marco di Murano

 Neste vídeo imos mergullarnos nunha obra fascinante, escrita con maxistral detalle, que nos transporta a unha illa, berce dos mestres vidreiros máis recoñecidos de Europa. Así no lo presentan o alumnado de 1º de ESO



martes, 17 de diciembre de 2024

Recomendacións Nadal

 



Estas son as recomendacións que o alumnado de 1º Bacharelato de Relixión nos fan para o Nadal. Felices lecturas e Feliz Nadal!!


miércoles, 2 de junio de 2021

Recomendacións de verán




 E que mellor xeito de rematar o curso, que cunha serie de recomendacións que nos fan o alumnado do instituto para estar soñando cos ollos aberto . 

 

 

 



 

 Felices lecturas.