Mostrando entradas con la etiqueta Recomendación de verán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendación de verán. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2026

Matemáticas para entender o mundo: o IES Marco do Camballón publica un novo volume de MARCO NUMÉRICO

 


A publicación, elaborada polo alumnado de 2º de Bacharelato, será presentada o vindeiro 16 de xuño nun acto aberto ao público coa participación da matemática Elena Vázquez Abal.

O Departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón vén de publicar o sétimo volume de MARCO NUMÉRICO, a revista de investigación matemática elaborada polo alumnado da materia Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º de Bacharelato.

Trátase dun proxecto educativo consolidado no centro que, ao longo dos últimos anos, permitiu ao alumnado desenvolver investigacións propias arredor de cuestións de actualidade mediante a aplicación de ferramentas estatísticas e modelos matemáticos. A iniciativa combina a aprendizaxe dos contidos da materia co desenvolvemento de competencias científicas, documentais e comunicativas, achegando o alumnado aos procesos propios da investigación académica.


Nesta nova edición recóllense dez artigos que abordan problemas e fenómenos de ámbitos tan diversos como a ciencia forense, a meteoroloxía, o deporte, a ecoloxía mariña, a microbioloxía, o mercado laboral, a astronomía, a percepción humana ou a intelixencia artificial. Os traballos aplican conceptos como o teorema de Bayes, as cadeas de Markov, os modelos binomiais e normais ou as técnicas de estimación estatística para analizar situacións reais desde unha perspectiva matemática.

Como é habitual en todos os volumes da revista, o limiar está asinado por unha personalidade destacada da comunidade científica galega. Nesta ocasión, a autora convidada é Elena Vázquez Abal, catedrática da área de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, unha das matemáticas galegas de maior prestixio e recoñecemento no ámbito da investigación e da divulgación científica.

Os artigos incluídos neste sétimo volume son:


● Culpábel ou inocente? Estudo bayesiano da evidencia forense

● Valor preditivo das alertas de tormenta en Galiza. Bayes contra o lume

● Cando o VAR intervén. O teorema de Bayes na análise de decisións arbitrais

● O ciclo de nitróxeno en ecosistemas mariños galegos. Un modelo markoviano

● Evolución microbiana: aplicacións de Markov na aparición de superbacterias

● Fluxos no emprego: análise da dinámica laboral española mediante cadeas de Markov

● Do tránsito á confirmación: modelando deteccións de exoplanetas con binomial e normal

● A percepción humana da temperatura: estimación do erro medio na avaliación térmica

● Como nos engana a intelixencia artificial? Estimación da proporción de acertos na identificación de imaxes

● Velocidade de reacción ante estímulos visuais: estimación da media mediante intervalos de confianza


A presentación oficial da revista tivo lugar onte na Biblioteca do IES Marco do Camballón. O acto contou coa participación do alumnado autor dos traballos, profesorado do centro e da propia Elena Vázquez Abal, que compartirá co público asistente a súa visión sobre o papel das matemáticas e da investigación na sociedade actual.

Con esta iniciativa, o IES Marco do Camballón reafirma a súa aposta por unha educación baseada na investigación, no pensamento crítico e na divulgación científica, fomentando entre o alumnado o interese polas matemáticas e a súa aplicación aos retos do mundo contemporáneo.



martes, 9 de junio de 2026

Verán para ler, soñar e descubrir. Recomendacións de lectura.

 Chega o verán e, con el, o tempo para descansar… pero tamén para descubrir novas historias. Sen exames, sen présas e con máis tempo libre, a lectura convértese nunha compañeira perfecta para viax
ar sen saír do sitio, imaxinar, emocionarse e aprender.

Desde a biblioteca queremos propoñervos unha selección de lecturas para todas as idades, pensadas para gozar durante estes meses. Hai libros para rir, para reflexionar, para vivir aventuras e mesmo para mirar o mundo con outros ollos.


viernes, 13 de junio de 2025

Recomendacións lectoras

Por fin....  chegan as vacacións... !!!
As vacacións son para descansar… e tamén para soñar!, deixa que a lectura te acompañe! Levar un libro da biblioteca é como levar unha aventura no peto: pode facerche rir, soñar, aprender e viaxar sen saír da
casa. Ler axúdache a mellorar a imaxinación, a expresarte mellor e a ver o mundo con outros ollos. Así que non o dubides: achégate á biblioteca, escolle o teu libro... e déixate levar! Daniela, Elena, Xoel e Anxo fannos unhas recomendacións que vos poden servir de guía.
 Para primeiro ciclo da ESO e FP Báscica

 


Para o segundo ciclo da ESO, ciclos de SOLCA e APSD


Para bacharelato e persoas adultas



Aproveitade o tempo para descansar, gozar e... ler moito! Vémonos á volta coa mochila chea de historias para compartir.

 A lectura é o mellor recordo que podes traer do verán.

martes, 10 de junio de 2025

Recomendación de Marco di Murano

 Neste vídeo imos mergullarnos nunha obra fascinante, escrita con maxistral detalle, que nos transporta a unha illa, berce dos mestres vidreiros máis recoñecidos de Europa. Así no lo presentan o alumnado de 1º de ESO