O alumnado de 2º da ESO de Relixión achegouse á Idade Media dunha maneira diferente e moi participativa: a través dunha actividade de radio.
Durante o desenvolvemento desta proposta, os alumnos e alumnas realizaron un interesante traballo de investigación sobre a Idade Media, buscando información, seleccionando os datos máis relevantes e preparando os contidos que posteriormente levarían ao programa de radio.A actividade permitiulles coñecer mellor unha época fundamental da nosa historia, achegándose a diferentes aspectos da sociedade medieval, da cultura, da relixión e da vida cotiá. Pero, ademais de aprender sobre o pasado, o alumnado tivo a oportunidade de desenvolver outras competencias como a busca e selección de información, a expresión oral, o traballo en equipo e a comunicación.
Poñerse diante dun micrófono supuxo tamén un pequeno reto: organizar as ideas, preparar os guións, expresarse con claridade e compartir cos demais o resultado da súa investigación.
Con actividades como esta, a aprendizaxe sae das aulas e convértese nunha experiencia máis dinámica, na que o alumnado é protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.
Parabéns ao alumnado de 2º ESO polo traballo realizado e por demostrar que a Historia tamén se pode aprender... e contar na radio!

No hay comentarios:
Publicar un comentario