Durante o mes de maio o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato participou nunha andaina a Toiriz enmarcada no Proxecto Ríos. Guiados por Alberto, chegamos á area recreativa, donde os nosos rapaces e rapazas estudaron a fauna, a flora e calidade da auga. Durante a xornada leváronse a cabo análises en situ, por exemplo, do pH e da concentración de sulfatos e nitratos. Estas análisis completáronse con outras no laboratorio do centro, nas
que se determinaron, entre outros, os cloruros. En fin, foi unha xornada de disfrute na que, ademais de fomentar a actividade física e o coidado do medio ambiente, se puxeron en funciamento capacidades científicas como a observación, a experimentación e extracción de conclusións.
O alumnado de 4º da ESO Fabián, Elena e Xoel participou recentemente nunha saída didáctica dentro do proxecto Son das Cruces, unha experiencia que nos permitiu coñecer de primeira man o patrimonio histórico e cultural da nosa contorna.
A ruta comezou no lugar da Cima da Aldea, dende onde iniciamos o percorrido por unha fermosa corredoira que nos levou ata Foxacos. Durante o traxecto, o alumnado puido observar elementos propios da paisaxe tradicional galega, así como reflexionar sobre a importancia de conservar estes espazos.
A continuación, desprazámonos ata Madrosende, onde visitamos a antiga escola de nenas. Neste mesmo lugar achegámonos á Igrexa de San Xoán, un templo de grande interese histórico, construído no século XII e que sufriu diversas reformas no século XVIII. Trátase dunha igrexa de unha soa nave cun ábside, na que destaca o altar, presidido por unha cruz datada no ano 1932. Tamén chamaron a atención as súas campás: a máis grande, de 1881, e a pequena, de 1880. Aqui atopamos un castiñeiro senlleiro.
O percorrido continuou pasando polo cruceiro da Senra en dirección a Fafias. Neste lugar atopamos un interesante elemento arquitectónico: a parte superior do portal dunha casa de pedra, coñecida como dintel ou cargadoiro, datada en 1771. Fafias foi tamén un punto importante na vida social da zona, xa que alí
se celebraba a feira das mazarocas. Ademais, antigamente acollía a escola dos nenos e conserva outro cruceiro que forma parte do patrimonio local.
Seguimos a ruta pasando pola fonte do lugar ata chegar á área recreativa, onde puidemos observar unha antiga inscrición, hoxe xa ilexible, que esperta a curiosidade sobre o pasado deste espazo.
Na aldea inda quedan moitos hórreos, construccións onde se gardaba o millo.
Finalmente, regresamos ao punto de partida, pechando así unha xornada enriquecedora na que o alumnado non só coñeceu mellor a súa contorna, senón que tamén valorou a importancia de preservar o noso patrimonio cultural e histórico.
Tres profesoras dos departamentos de Bioloxía e Física e Química visitaron a área recreativa de Toiriz co fin de sentar as bases do Proxecto Ríos.
Elexiron un treito de 100 m de río para inspeccionar co alumnado no mes de maio, e levar a cabo estudos sobre a calidade hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica das nosas augas.
Ademais, tomaron mostras de auga en diferentes zonas para o seu posteior análise no laboratorio escolar. Deste xeito, relacionamos as materias de índole científica coa súa realidade máis próxima, a vez que se espertan capacidades como a observación, a experimentación, o tratamento de datos e a extraccións de conclusións.
Tres profesoras dos departamentos de Bioloxía e Física e Química visitaron a área recreativa de Toiriz co fin de sentar as bases do Proxecto Ríos. Elexiron un treito de 100 m de río para inspeccionar co alumnado no mes de maio, e levar a cabo estudos sobre a calidade hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica das nosas augas. Ademais, tomaron mostras de auga en diferentes zonas para o seu posteior análise no laboratorio escolar. Deste xeito, relacionamos as materias de índole científica coa súa realidade máis próxima, a vez que se espertan capacidades como a observación, a experimentación, o tratamento de datos e a extraccións de conclusións.