Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de febrero de 2026

Un Entroido cheo de cor, música e diversión

 


Nas últimas horas da mañá tivo lugar o esperado Concurso de Entroido, unha xornada chea de alegría, creatividade e bo ambiente. O concurso contou con diferentes modalidades, nas que participaron persoas de maneira individual, en grupo e tamén na categoría de coreografía.


Na modalidade individual, o disfraz gañador foi María Antonieta, que destacou pola súa elegancia e coidado dos detalles. O premio ao mellor disfraz en grupo foi para a temática dos Xogos Olímpicos, cunha posta en escena moi orixinal, mentres que na categoría de coreografía triunfaron Alvin e as Ardillas, facendo gozar ao público coa súa enerxía e ritmo.

O equipo da biblioteca tamén se sumou á celebración cun fermoso disfraz inspirado en Frida Kahlo, enchendo o espazo de arte e cor. Ademais, houbo moitas persoas disfrazadas que, aínda que non participaron no concurso, contribuíron a crear un ambiente festivo e participativo.

A xornada foi realmente moi divertida, con risas, música e incluso photocall, onde se puideron inmortalizar os mellores momentos do día.

Parabéns ás persoas gañadoras e grazas a todas e todos por facer deste Entroido unha celebración inesquecible! 

viernes, 6 de febrero de 2026

Gañadores premios Ilustracións

 O concurso artístico deste ano contou cunha alta participación, mostra do interese, da creatividade e do talento que hai na nosa comunidade educativa. Foron moitas as obras presentadas, todas elas de gran nivel, o que fixo especialmente difícil a tarefa do xurado.

Entre todas, destacaron as tres mellores obras, recoñecidas pola súa orixinalidade, coidado técnico e capacidade expresiva. O primeiro posto foi para Santi, cuxa obra conseguiu conquistar ao xurado pola súa forza e creatividade. Ademais, produciuse un dobre empate no segundo posto, compartido por Sarai e Bruno, que demostraron tamén un excelente nivel artístico.

Parabéns aos tres polo recoñecemento acadado e, por suposto, a todas as persoas participantes. Animámosvos a seguir demostrando as vosas habilidades artísticas, a creatividade e o bo facer, que fan posible iniciativas tan enriquecedoras como esta.










martes, 13 de enero de 2026

O Entroido xa está aquí!!

 O Entroido é moito máis ca unha festa: é unha tradición da nosa contorna, parte da nosa identidade e da nosa historia. Se non a vivimos e a facemos nosa, corre o risco de perderse. Por iso, este febreiro toca facer algo importante: disfrazarse, crear, rir e compartir.

Podes participar de maneira individual ou en grupo, deixando voar a imaxinación e apostando pola orixinalidade. Haberá premios para recoñecer o esforzo e a creatividade, pero o máis importante é formar parte da festa e manter viva esta tradición.

 Xa vos podedes apuntar na biblioteca!

Anímate, participa e fai que este Entroido sexa inesquecible.

O Entroido continúao ti!

martes, 13 de mayo de 2025

Premios escritura rápida

 




Hoxe tivo lugar a entrega de premios de concurso de Escritura Rápida levado a cabo na hora le ler para conmemorar o día do libro: Lucía, Alba, Nico, Nuno e Leandro son os premiados. 


Parabéns!

Aquí tedes algúns dos textos que foron seleccionados.

lunes, 12 de junio de 2023

Entrega de premios Escritura rápida

 

Hoxe entregamos os diplomas ás gañadoras do concurso de escritura rápida. Esta semana publicaremos os textos no noso blog, Abre os ollos. Parabéns a todas!!




jueves, 22 de diciembre de 2022

Festival de Nadal

Rematamos o trimestre entregando os premios do Proxecto Universo. Parabéns a 1º e 2º do ciclo de TAPSD e 1º de Soldadura que acadaron o primeiro premio e o segundo premio foi para o alumnado de 1ºA e 1ºB de ESO!! Parabéns.

Tamén estivo con nós Celso Fernández Sanmartín coas súas historias e contos de vida tradicional e visionaron curtametraxes.



jueves, 16 de junio de 2022

Premio Concurso Odisea Galicia

 

Hoxe o equipo As Venus do IES Marco do Camballón formado por: Antía, Alicia e Laura recolleron o premio do Concurso Odisea de Galicia. Parabéns!!






jueves, 12 de mayo de 2022

Premios escritura rápida


 Hoxe entregamos os premios do concurso de escritura rápida, organizado durante a semana do libro. Parabéns para Tiziana, Rosmari, Yohana e Lucas polos seus traballos!!!

jueves, 10 de febrero de 2022

As nosas alumnas gañan o concurso Odisea

 Antía Iglesias, Alicia López e Laura Vila, alumnas de Latín e Cultura Clásica de 4º de ESO veñen de proclamarse campioas de Galicia no concurso Odisea.

o mércores 16 de febreiro competirán na fase estatal do concurso.
Macte virtute! Di bene vortant!


viernes, 19 de noviembre de 2021

Premios xincana

 Hoxe entregamos os premios aos grupos gañadores de 1º ESO da xincana coa que celebramos o día das Bibliotecas!! Parabéns o todxs participantes!!! 

jueves, 28 de octubre de 2021

Premio Fiestra de Audiovisual Galego

 A Academia Galega do Audiovisual (AGA) presentou onte no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces o I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores. 

Así o recollía  a noticia redactada polo Faro de Vigo :

Ao acto asistiron Miguel Mariño, director da academia; o concelleiro de Cultura de Vila de Cruces, Julio López; o director do IES Marco do Camballón, José Manuel Iglesias; e a actriz Camila Bossa. A presentación foi precedida pola proxección dun programa feito a partir do catálogo de Fiestra polo alumnado do instituto.

O director da AGA presentou esta iniciativa, na que os centros de ensino de Galicia que formen parte da comunidade de Fiestra poderán decidir cos seus votos cal é a curtametraxe do catálogo merecedora do premio, polo seu valor á hora de facilitar o traballo e a reflexión na aula. Camila Bossa, que interviña como representante do sector audiovisual, salientou a importancia de “promocionar e visibilizar a nosa cultura e a nosa lingua”, ademais de afirmar que “co cine se aprende moito máis do que cremos, dun xeito diferente”.

Julio López augurou unha “longa vida” ao galardón, ao tempo que louvou a actitude e o comportamento do alumnado do Marco do Camballón, que formou parte do público do acto e participou activamente na proxección previa. Pola súa banda, José Manuel Iglesias declarou que desde o instituto estaban “orgullosos de participar” nesta iniciativa “que contribúe á formación de cidadáns críticos”.

O I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores será anunciado e entregado en Vila de Cruces no mes de xuño de 2022. Con anterioridade á presentación foi proxectado un programa de curtametraxes realizado polo alumnado de 4º da ESO do IES Marco do Camballón, composto polos seguintes títulos: C.O.D.A., dirixida por Veru Rodríguez; Matria, de Álvaro Gago; 1977, creación de Peque Varela; e Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez. A continuación, Javier Grixo, director de fotografía de C.O.D.A., e Camila Bossa, actriz protagonista de Conversa cunha muller morta, participaron nun coloquio cos mozos e mozas asistentes.

jueves, 7 de octubre de 2021

Segundo premio nos Skills

 

Noraboa Nico, alumno do ciclo de SOLCA que acadou o segundo premio nos Skills 2021 en Vigo.


Parabéns!!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Premio Ti onde les?



Estes son os  gañador e gañadoras do concurso Ti ondes les?
Parabéns a Enzo, Edla e Elisa.

martes, 23 de abril de 2019

Día do libro

Para celebrar o Día do libro, o alumnado gañadores do concurso do minilibro, leron e recibiron o agasallo na biblioteca.




Tamén contamos hoxe cunha exposición de novidades que a Libraría O Colexio non prestou e está nos corredores do centro.




miércoles, 25 de abril de 2018

Premios Xadrez

Onte tivo lugar o a entrega de Xadrez do campeonato que se estivo a celebrar na aula de alumnado do Camballón








domingo, 5 de noviembre de 2017

Gañadores do magosto














Ovenres estiveron realizaron distintos xogos con motivo do magosto, o equipo que máis puntuación acadou foi Licores Casal 2 con 115 puntos. Parabéns!

martes, 13 de junio de 2017

Premios fotografía

Hoxe entregamos os premios de fotografía do concurso  Ven ver isto, mostra a túa contorna, que patrocinou o concello de Vila de Cruces. Ao acto asistiu o membros do xurado do premio e as gañadoras: Marta Castro (gañadora do 1º premio dotado con 75,50 euros), Uxía Amosa(2º premio dotado con 30 euros) e María Iglesias (3º premio dotado con 30 euros). Parabéns ás gañadoras!!



viernes, 21 de abril de 2017

Clipmetraxes

O alumnado do Camballón acadou o terceiro premio na categoría de Mellor Clipmetraxe Autonómico co vídeo Nuestro Mundo. Participaron o alunmado de 4º ESO e 1º de Bacharelato no concurso organizado por Manos Unidas co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre como a nosa maneira de alimentarnos provoca fame e acaba cos recursos.  Nesta oitava edición, celebrada en Santiago, Sonia e Marta foron as encargadas de recoller o diploma e un lote de libros.




miércoles, 16 de noviembre de 2016

Gañadores do Toma Castaña!!

 Queremos agradecer o participación de todo o alumnado do Camballón no Toma Castaña e os gañadores foron....
mellor equipo da xincana de xogos foi...SELBAN (Lucía, Erika, Silia, Noa e Brais M)

a cabaza máis orixinal...A CABAZA CANÍBAL (Alberto, Roi e Xabi)



a cabaza que máis medo dá.... MEDO (Milagros, Patricia, Carolina, Zaira, María, Bea e Sebas)


As outras categorías quedaron desertas.
Para recoller os premios pasar pola nosa Biblio.
Parabéns aos gañadores!!


Premio a mell

lunes, 25 de abril de 2016

Mención honorífica polo traballo"Arte e xogo feminino ao longo da historia

Acabamos de recibir a nova de que o traballo realizado polo alumnado de 1º ESO: "Arte e xogo feminino ao longo da historia" foi galardoado con Mención Honorífica no IV  premio de Innovación Educativa Escolar Viva/ FETE-UGTdun total de 42 traballos presentados dende centros de todo Galicia. O traballo fíxose en coordinación co Equipo de Biblioteca, as titorías e con varios departamento: Lingua e Literatura Galega, Ciencias Sociais, Educación Artística, Francés, Inglés e Educación Física.
Faro de Vigo
Estas foron algúns dos traballos que fixeron o alumnado de 1º ESO.