Hoxe tivo lugar na aula Manuel Dobarro a recepción de dous alumnos do Ciclo de Soldadura e Caldeirería que rematou a Primeira Mobilidade Erasmus+ na cidade de Belfast en Reino Unido durante 6 meses. Este programa está solicitado a través dun consorcio entre a Diputación de Pontevedra e varios centros da provincia entre o que se encontra o IES Marco do Camballón. Participa o alumnado que remata o ciclo e ten un período dun ano para poder acollerse a el.

O alumnado conta cunha beca de 1600 euros mensuais e o desprazamento de ida e volta incluídos.
Con este programa o alumnado adáptanse as esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiren aptitudes específicas e experiencia laboral así como unha preparación e actualización da lingua de acollida (neste caso inglesa que é algo que demanda o sector metalúrxico).
Diego Filloy e Rafael Viana contáronnos como foi a súa esperiencia durante a súa estancia na costa este de Irlanda do Norte e tamén respostaron a todas aquelas dúbidas que moitos compañeiros/as do centro.
Parabéns rapaces por esta experiencia irrepetible!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario