Desde o IES Marco do Camballón queremos agradecerlle a Eduardo a súa disposición e colaboración, así como a súa capacidade para achegar o coñecemento científico ao noso alumnado dunha forma amena e motivadora.
miércoles, 3 de junio de 2026
Eclipse Solar
Hoxe o IES Marco do Camballón contou coa visita do astrofísico Eduardo Ojero Pascual, que impartiu unha interesante charla ao alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato. Durante a sesión, explicou diferentes aspectos do Sistema Solar e achegou curiosidades sobre os seus corpos celestes. Tamén dedicou unha parte da intervención ao eclipse solar que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, explicando as súas características e a mellor maneira de observalo con seguridade. O alumnado participou con interese e puido resolver dúbidas sobre este fenómeno astronómico. A actividade resultou moi enriquecedora e contribuíu a espertar o interese pola ciencia e a astronomía.
Etiquetas:
1º Bac,
1º ESO,
Eclipse Solar,
Eduardo Ojero Pascual,
Matemáticas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)







No hay comentarios:
Publicar un comentario