Mostrando entradas con la etiqueta Javier Feijóo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Javier Feijóo. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de mayo de 2026

Visita do IES Aller Ulloa para falar do Ciclo de informática

 Hoxe tivemos a visita Javier Feijóo, Profesor de Informática do IES Aller Ulloa de Lalin, que veu falar co alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato sobre o Ciclo Medio e Superior que se imparte no seu centro, relacionados coa informática e as novas tecnoloxías. 

Durante a charla explicou as diferentes opcións formativas dentro da FP, destacando o seu carácter práctico e orientado ao mundo laboral. Tamén comentou as múltiples saídas profesionais dun sector no que a informática está presente en todas partes; empresas, comercio, sanidade, educación, comunicación ou a industrial.