O alumnado de 3º de ESO visitou o Panteón de Galegos Ilustres que se encontra na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Allí descansan os restos de personaxes claves na historia de Galicia: Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey e Domingo Font.
Despois foron ao teatro ver a obra "A parábola do angazo", comedia de: Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Séchu Sende, Diego Rey e Artur Trillo.Nela bótase unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario