
O alumnado da materia de 2º ESO Igualdade de Xénero, con ocasión da celebración do Día Internacional das Mulleres, elaborou un pequeno traballo co que se pretenden mostrar á comunidade educativa do Marco do Camballón exemplos de agravios comparativos sufridos por distintas mulleres ao longo dun espazo de tempo de 200 anos polo simple feito de ser mulleres.
Os agravios van desde e exclusión do ensino superior que sufriu Concepción Arenal, unha muller galega coa que comezamos o noso relato, pasando pola invisibilización, por non falar de roubo de propiedade intelectual, que padeceron mulleres como Rosalind Franklin ata a vergonzosa fenda salarial da que é vítima outra muller galega, Verónica Boquete, coa que pechamos a nosa procura de nomes propios.

Leer más publicaciones en Calaméo
Tamén temos unha cantas recomendacións que fan alusión a este tema e que se poden ver na entrada da biblioteca. Forza!!
Tamén temos unha cantas recomendacións que fan alusión a este tema e que se poden ver na entrada da biblioteca. Forza!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario