martes, 14 de mayo de 2024

Excursión País Vasco

 Os días 1,2 e 3 de maio viaxamos ao País Vasco compartindo aventura cos institutos Basanta Silva de Vilalba e de Río Cabe de Monforte. Era a oitava edición do "Regueibertso", unha convivencia anual entre regueifeiras adolescentes da Galiza e bertsolaris de Euskal Herria. Esta convivencia ten dous obxectivos: xuntarnos para improvisar en verso e coñecer e compartir as nosas linguas e culturas. A regueifa é unha ferramenta para, entre outras moitas cousas, ampliar as relacións socioculturais e vivir emocións, ideas e actividades como esta, onde improvisar em verso é unha forma de vivir creativamente.

Estivemos en Igorre, no IES de Arratia, cun alumnado que nos acolleu moi hospitalariamente e con quen apredemos e nos divertimos. Realizamos diversas actividades, como unha visita ás Covas de Balzola, onde o escritor e profesor Angel Larera nos explicou a mitoloxía da zona, ou un obradoiro de baile tradicional.

Tamén participamos en dous festivais de improvisación, en Igorre e en Dima, onde o alumnado das Cruces, Vilalba e Monforte cantamos improvisando sobre temas variados: neardentais, eucaliptos ou a celulosa ALTRI.


No hay comentarios:

Publicar un comentario