viernes, 20 de diciembre de 2013
Resumo da Gincana
GINCANA
No centro, vaise realizar unha Gincana entre o alumnado, organizada en 12 equipos. As probas son:
- bolos
- cifras
- letras
- quen é quen?
- tirar da corda
- tangrans
- xogo da silla
- recoñeces o monumento?
- pañuelo
PREMIOS
Premio Postal 2013: Paula Pardo
1º Premio: Carla Castro Pereira de 4º ESO por O Descubremento de Xénova
2º Premio: Javier Toubes Rego de1º ESO por O Apocalipse
Categoría B:
1º Premio: Noelia Dopazo Blanco de 1º BACH por Na procura da inmortalidade
2º Premio: Deserto

Parabéns aos vencedores!!!
E moitas grazas por participar.
jueves, 19 de diciembre de 2013
Concurso de relatos Eureka!
Ola a tod@s!
Aquí tedes os resultados do concurso EUREKA 2013:
Categoría A:
1º Premio: Carla Castro Pereira de 4º ESO por O Descubremento de Xénova
2º Premio: Javier Toubes Rego de1º ESO por O Apocalipse
Categoría B:
1º Premio: Noelia Dopazo Blanco de 1º BACH por Na procura da inmortalidade
1º Premio: Deserto
Parabéns aos vencedores!!!
E moitas grazas a tod@s por participar.
A Biblioteca deséxavos boas vacacións e un 2014 cheo de inventiva e creatividade!
martes, 17 de diciembre de 2013
Astronomía na beirarrúa
Mirando as estrelas
Como
xa anunciamos, o profesor Salvador Bará estará de novo entre nós o vindeiro
2014. Esperamos a súa visita o día 10 de xaneiro para guiarnos nuhna sesión de
observación do ceo. Se queres ver a superficie da lúa, os aneis de Saturno ou quizais
a Estación Espacial Internacional acude ás 19:30 á Praza do Concello. Podes
traer a todos os teus amigos e familiares: a actividade está aberta a todo o
público.
Recorda que a contemplación dunha estrela é
o máis parecido a unha viaxe ao pasado: a luz que ti estás recibindo agora
emitiuse hai millóns de anos.
Sentirás a emoción de compartir algo cos
teus ancestros, os construtores das mámoas: eles viron practicamente o mesmo
ceo que podes ver ti.
Non faltes á cita e que a forza cósmica e o
pó de estrelas te acompañen.
Dado que esta actividade se realiza fóra do
horario lectivo, o centro non se fai responsable do alumnado, que deberá vir
acompañado por nai, pai ou titor legal.
lunes, 16 de diciembre de 2013
Lecturas recomendadas para Nadal
O alumnado de Primeiro de ESO fai as seguintes suxestións:
domingo, 8 de diciembre de 2013
ADEUS A NELSON MANDELA
"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo",
N. Mandela.
ATA SEMPRE MADIBA!!
ATA SEMPRE MADIBA!!
domingo, 1 de diciembre de 2013
Astronomía e mitoloxía
GRAZAS
POLA VISITA!
O pasado xoves 28 de novembro
visitounos Salva Bará, profesor de Óptica da Facultade de Física da USC,
respondendo á invitación que lle fixeron o Club da Lingua e a Biblioteca.
Nunha entretida e
interesantísima conferencia, coa súa posterior quenda de preguntas, díxonos,
entre outras moitas cousas, que non só estamos feitos da mesma materia que os
soños –como afirmaba Shakespeare– senón que, literalmente, a nosa orixe está
nas estrelas, pois a maior parte dos átomos que conforman a materia (tamén a
nosa) forxáronse no interior de astros que, ao estoupar, difundíronos polo
espazo.
Por desgraza, a absorbente
atención que prestamos a todo tipo de aparellos de entretemento (dende a
televisión ata as tabletas e os ordenadores) xa case nos impide levantar a
cabeza e contemplar esa marabilla incomparable que é o ceo –e se atopamos
ocasión de facelo, a contaminación lumínica que producen as vilas e cidades
pode converterse, ás veces, nun obstáculo insalvable.
Desde logo, non era así para
os nosos devanceiros, que construíron as mámoas –as de Oirós e tantas outras
repartidas polo noso país– cos ollos postos no firmamento, orientadas polo
xeral cara ao nacemento do sol no solsticio de inverno.
Pero no
Camballón somos dobremente afortunados,
porque
Salva Bará estará de novo connosco o vindeiro
VENRES 10
DE XANEIRO de 2014.
E non virá
só, senón acompañado dos seus telescopios!
Queredes
botar unha ollada aos camiños do universo?
Aquí
estaremos, coa xanela aberta ao infinito.
Consulta aquí a noticia no Faro de Vigo
lunes, 25 de noviembre de 2013
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta semana estamos traballando nas aulas sobre a violencia de Xénero. Dende a Biblio repartimos unhas flores para commenorar o día Intenacional contra a Violencia de Xénero.
NEURONAS EN FORMA
O pasado xoves 14 de novembro o noso observatorio detectou, no Camballón e
arredores, unha impresionante concentración de neuronas con sinapses ben desenvolvidas.
Soaron todas as alarmas! E non era para menos...
Visitáronnos catro cabezas de primeirísimo nivel: estiveron entre nós dous
astrónomos –Salvador Bará, da Universidade de Santiago de Compostela, e César
González, do Instituto de Ciencias do Patrimonio– e dous arqueólogos –Felipe Criado,
do Centro Superior de Investigacións Científicas, e Trond Lodoen, da
universidade de Bergen, na distante e fría Noruega!
E que facían por aquí estes señores?
Extraviáronse nalgunha encrucillada? Pararon nas Cruces para tomaren un
café?
Nada diso. Estes catro magníficos, especialistas todos eles en
arqueoastronomía, viñeron para visitar as mámoas de Oirós, os monumentos
megalíticos levantados polos nosos devanceiros, testemuñas das súas inquedanzas
ao contemplar o ceo e os seus misterios.
A ciencia axúdanos a comprender o mundo; o noso patrimonio cultural
axúdanos a comprendérmonos a nós mesmos.
Cóidao porque che pertence.
E este xoves 28, a 4ª e 5ª hora, teremos no Marco do Camballón a Salva Bará para
falarnos de astros e mitoloxía.
viernes, 22 de noviembre de 2013
Concurso de Postais
gañadora foi a presentada pola alumna de 1º ESO Paula Pardo.
O premio será entregado o día 20 de decembro.
Parabéns.
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Premio Cervantes 2013
Por cuarta vez nos 38
anos de historia deste galardón, o Cervantes recae nunha muller: a mexicana
Elena Poniatowska. Nacida en París hai 81 anos e de pai polaco, destaca polo seu
labor como narradora e periodista. Entre os seus títulos, subliñamos obras como
La noche de Tlatelolco, Nada, nadie: las voces
del temblor,
Hasta no verte Jesús mío, La piel del cielo ou Leonora.
Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
5594
N/PON/leo
viernes, 15 de noviembre de 2013
Magosto no Camballón
Así daba comezo a actuación:
miércoles, 13 de noviembre de 2013
Premio Nacional de Teatro
Juan Mayorga foi galardoado este ano co Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra La lengua en pedazos. Na nosa biblioteca temos un dos seus títulos que atoparás na sección de Lingua Castelá coa seguinte etiqueta:
T/MAY/chi
Se queres ampliar información sobre o autor preme aquí:
martes, 12 de noviembre de 2013
A ciencia en galego
Título: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.
Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm
Destinatarios: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º
.
lunes, 11 de noviembre de 2013
A morte na Antigüidade
Monstros, esqueletos e ánimas en pena poboaban o mundo de Ultratumba que imaxinaron os antigos. Aquí tedes un traballo realizado por Alba López, Carla Castro, Mireya Otero, Tamara Soto, Alba Ramos e Miriam Lareu, alumnas de latín de 4ª de ESO, no que nos achegan a ese terrorífico universo.

Para visualizar o contido interactivo, pon o cursor sobre a imaxe.
sábado, 9 de noviembre de 2013
Actividade dos departamentos de Música e Grego
O venres 25 visitounos o músico grego Jristos Malamás.
Recitounos poesía de Homero, de Safo e de Mesomedes de Creta. Mostrounos, ademais, moitos instrumentos cos que interpretou música tradicional grega.
Aquí tedes un vídeo no que un luthier turco constrúe un sazi como o que nos tocou Xristos.
viernes, 8 de noviembre de 2013
Concurso Semana de Bibliotecas Escolares
A maior participación deuse entre o alumnado de 1º e 2º de ESO e a lectura máis votada foi Con los ojos cerrados de Alfredo Gómez Cerdá.
Parabéns para o afortunado gañador Diego Medela!
lunes, 4 de noviembre de 2013
A creatividade galega non ten rival este ano!
Miguelanxo
Prado, Premio nacional de Cómic 2013 por Ardalén.
Podes
coñecer a súa obra buscando as seguintes signaturas na nosa biblioteca:
82-C/PRA/tra
82-C/PRA/str
82-C/PRA/man
Boa
lectura a tod@s!
martes, 29 de octubre de 2013
Morre Lou Reed
Morre un mito do Rock & Roll: Lou Reed (1942-2013)

O pasado domingo 27 deixábanos unha das figuras máis sobresaíntes da escena do R&R, o neoiorquino Lou Reed. Sen este gran artista sería imposible entender a evolución da música popular urbana do século pasado: o glam, o punk e o rock alternativo son tres dos estilos nos que centrou a súa creatividade musical e poética.
Lou Reed foi xunto a David Bowie, Iggy Pop e Andy Warhol un dos iconos da cultura pop máis ambigua e de vangarda dos anos 70. Foi o fundador da lexendaria banda The Velvet Underground (1965-1970), a cal, unha vez disolta, deu paso a unha creativa etapa en solitario.
Algunhas das súas cancións máis salientables son "Walk on the Wild Side", "Perfect day"", "Sweet Jane", "Heroin" ou "Rock and Roll".
Aquí podes ler no diario "El País" o artigo publicado co gallo da súa morte
Para saber máis sobre a súa vida e a súa música entra neste enlace de wikipedia
lunes, 28 de octubre de 2013
Premio Nacional Narrativa 2013
O escritor galego José María Merino
obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2013 pola súa obra El río del Edén.
Parabéns!
viernes, 25 de octubre de 2013
Club de lectura
Na xornada de hoxe constituíuse o Club de Lectura Cambaleón do curso 2013-14. Debido ao gran número de participantes tivemos que reunirnos na aula Manuel Dobarro.
jueves, 24 de octubre de 2013
martes, 22 de octubre de 2013
Semana das Bibliotecas Escolares
Este ano queremos celebrar o Día Internacional das
Bibliotecas invitándote a colaborar no blog “Abre os ollos”.
Gustaríanos que enviases un comentario a este post no que
nos fales dunha lectura que che gustara especialmente, indicando autor/-a e título da obra.
Entre todos os participantes sortearemos un exemplar de Memorias de Idhún de Laura Gallego. Para
poder tomar parte no sorteo é fundamental que no comentario indiques o teu
nome, apelidos, curso e grupo.
O comentario poderá enviarse ata o día 6 de novembro. O
sorteo farase o día 8 de novembro ás 11:45 na Biblioteca.
Moita sorte e grazas pola túa axuda.
lunes, 21 de octubre de 2013
jueves, 17 de octubre de 2013
Presentación do libro: Mámoas de Oirós. Lendas possíveis
miércoles, 16 de octubre de 2013
Presentación do libro: Mámoas de Oirós. Lendas possíveis
Hoxe vai ter lugar na aula Manuel Dobarro a presentación do libro de Ramón Taboada Montoto "Mámoas de Oirós. Lendas possíveis"
martes, 15 de octubre de 2013
Premio Nobel de Física
Nobel
de física 2013
|
Entre os galardóns entregados este ano pola Real Academia de
Ciencias Sueca, imos destacar o Premio Nobel
de Física, outorgado a Robert Higgs e François Englert.
Estes dous científicos, británico e belga de 84 e 81 anos
respectivamente, levan á procura dunha
demostración válida da existencia do Bosón de Higgs desde 1964. E como
acostuma suceder na investigación, quen a segue, conséguea!!
Neste vídeo tedes una breve explicación de que raios é o “Bosón de Higgs” ou “partícula de Deus”
por que as “cousas” teñen masa? |
Bases concurso Eureka!
A BIBLIOTECA do IES “Marco do Camballón”
CONVOCA
EUREKA!
II CONCURSO de RELATOS
Participantes:
poderá tomar parte no concurso todo o alumnado matriculado no centro no curso
académico 2013‐2014.
Presentación: Cada
participante poderá presentar, se así o desexa, ata dous relatos escritos en
lingua galega. Nun sobre, introduciranse o relato, asinado cun pseudónimo, e un
folio no que constarán os seguintes datos:
Pseudónimo
Nome e apelidos
Curso e grupo
Extensión: as
obras presentadas non excederán as cinco páxinas a ordenador (arredor de 1200
palabras).
Tema: os relatos deberán incluír algún aspecto científico, sexa como asunto principal ou ben como elemento secundario pero con incidencia na historia desenvolvida.
Poderase aludir a calquera especialidade científica (física, química, bioloxía, medicina, matemáticas, astronomía etc.).
Os/-as autores/-as terán plena liberdade para enfocar os seus relatos desde un punto de vista realista ou fantástico e para situalos en calquera marco temporal (pasado, presente ou futuro) e espacial.
Prazo: os relatos
entregaranse na Biblioteca ata o venres 6 de decembro de 2013.
O resultado do concurso será
publicado na Biblioteca o mércores 18 de decembro.
Premios: establécense dúas categorías:
Categoría A:
1º, 2º, 3º e 4º de ESO
Categoría B:
1º e 2º de Bacharelato e Ciclo.
En cada categoría haberá un
primeiro premio, dotado con 50 € e
un segundo premio, dotado con 25 €.
Ademais, os relatos gañadores serán publicados no blog Abre os ollos.
Ø
Os premios poderán ser declarados desertos no caso de non
acadaren os relatos presentados un mínimo de calidade.
Ø
Se se constatase que un relato constitúe copia doutro,
non será tido en conta.
Ánimo a todos e todas!
viernes, 11 de octubre de 2013
II concurso de relato breve
Eureka!
II CONCURSO de Relato breve
CONCIÉNCIATE
E PARTICIPA!
Consulta
as bases na biblioteca ou no blog Abre os
ollos
Máis galardóns
E o
NOBEL DE LITERATURA
2013
é para…
ALICE
MUNRO
Coa escritora canadiense, nacida
en 1931, son xa trece as mulleres galardoadas con este premio, sen dúbida o de
maior prestixio no eido das letras universais.
Da súa obra, podemos ler en castelán case unha ducia
de títulos:
Las lunas de Júpiter; El progreso del amor; Amistad de juventud; Secretos a voces; El amor de una mujer
generosa; Odio, amistad, noviazgo,
amor, matrimonio; Escapada; La vista desde Castle Rock; Demasiada felicidad; La vida de las
mujeres e Mi
vida querida.
Na seguinte ligazón podes ler o seu relato "Radicales libres":
Parabéns, Alice.
miércoles, 9 de octubre de 2013
Premio Nacional de Poesía
Parabéns
Ao poeta galego
Manuel Álvarez Torneiro
que acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía
pola súa obra Os
ángulos da brasa.
Se queres coñecer a súa produción poética, busca as seguintes signaturas na nosa biblioteca:
P/ÁLV/hab
P/ÁLV/voc
P/ÁLV/luz
P/ÁLV/par
jueves, 26 de septiembre de 2013
miércoles, 25 de septiembre de 2013
Benvid@s de novo á biblioteca
Cando saias de viaxe cara a Ítaca,
desexa que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos.
K. Kavafis
Anímate. Embárcate nos libros.
Levarante a todos os portos. Abriranche todas as
portas.
E se queres viaxar en compañía,
apúntate ao
CLUB DE LECTURA
martes, 25 de junio de 2013
Visita de Manuel Gago
O mércores pasado visitounos Manuel Gago e falounos de lendas, batallas, mámoas e illas misteriosas. Dedicounos, ademais, un exemplar da súa obra Herdeiros pola forza que atoparedes na biblioteca coa seguinte signatura:
93/AYÁ/her
viernes, 21 de junio de 2013
Vila de Cruces por parroquias
Este foi o traballo que fixeron o alumnado de 1º ESO
viernes, 14 de junio de 2013
Xeometría Cálida
Desde a Biblioteca do IES Sánchez Cantón chéganos este traballo elaborado polo alumnado de 4º de ESO no que xeometría e arte se dan a man producindo este fermosísimo resultado.
jueves, 13 de junio de 2013
RUTA DO MOSTEIRO DE CARBOEIRO Á FERVENZA DO TOXA
O alumnado de 3º de ESO percorreron a ruta do Mosteiro de Carboeiro ata a Fervenza do Toxa rematando na área recreativa da Carixa onde recollen lixo.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Actividades extraescolares,
Visita
miércoles, 12 de junio de 2013
O CAMBALEÓN NAS CÍES
O Club de Lectura CAMBALÉON foi de viaxe ás Cíes
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Club de Lectura
miércoles, 5 de junio de 2013
Suxestións de lecturas para o verán
Este verán, mergúllate na lectura!
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O alumnado estive arranxando o xardín que hai no patio.
O CAMBALEÓN VIAXA ÁS CIES
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Club de Lectura,
Visita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)