Se
descubrides no libro de visitas da Biblioteca
algunhas
palabras que vos chaman a atención..., que saibades que son palabras que
viñeron de Burela!
Escritas en árabe, en wolof, en
serer, en francés, en portugués por rapazas e rapaces de Senegal ou Cabo Verde,
chegaron ao noso instituto facéndonos ver que entre nós vive moita xente
que fala linguas como a nosa... pero que veñen de moi lonxe.
Tivemos unha visita moi especial!
Un grupo de 17 alumnos de 1º de Bacharelato e 3º de PDC do IES Perdouro viñeron
ao noso centro, nun irmandamento entre a nosa biblioteca e a súa, nunha
actividade arredor da lingua galega, que implicou tamén o proxecto Palabras de
Pedra, do noso instituto, e o Proxecto Neo, de Burela.
Acollemos as nosas convidadas e
convidados na Biblioteca e alí intercambiamos experiencias. Nós explicámoslles
algunhas actividades que estamos a desenvolver no noso instituto, e eles
faláronnos do seu proxecto, baseado na diversidade cultural. Porque Burela é
unha vila con moita inmigración e o seu proxecto consiste en poñer en valor a
riqueza humana da diversidade, a convivencia entre persoas e culturas
diferentes.
Aquí podemos ler un texto que
escribiu Elena Valle, alumna do IES de Burela sobre a súa visita ao noso
centro:
"No instituto Marco de Camballón, o profesor e un grupo de alumnos do
Clube da Lingua explicáronnos o seu funcionamento. O que máis me gustou foi
unha actividade de recollida e selección de fotografías de tatuaxes, xa que
mobilizaron a poboación para conseguiren máis de cen mostras en menos dun mes.
Nós contámoslles o motivo da nosa visita e ensinámoslles algúns traballos
(“Panchito” e “Modelo do Século XXI”) protagonizados polo alumnado de 3º de PDC
cos que acadaron o premio de Educación sen Fronteiras, nos que se mostra o que
eles e elas son: unha nación formada por persoas procedentes de diversos
lugares do mundo reunida en Burela, co galego como vehículo de comunicación
común."
E aquí tedes as palabras que nos deixaron
No hay comentarios:
Publicar un comentario