O alumnado de 1º de ESO estivo onte en Santiago de visita na Escola Galega de Consumo. Cada 4 alumnos e alumnas crearon un videoxogo nun obradoiro. Tamén puideron asistir a un simulacro de etiquetado de produtos nun supermercado.
Posteriormentes explicáronlle que é e cal foi a orixe do comercio xusto.
Antes de voltar foron visitar as hortas urbanas de Compostela e a zona vella da cidade (Obradoiro, Plaza da Quintana, Platerias, Belvís ....)
miércoles, 26 de octubre de 2016
Obradoiro de consumo
lunes, 24 de octubre de 2016
Día das Bibliotecas
Este ano celebramos o día das Bibliotecas presentando aos colaboradores deste curso e poñendo en marcha as carpetas viaxeiras para o alumnado de 1º ESO.
Queremos agradecerlles a Nerea, Nicolás, Breogán, Jesús, Noa, Nuria, Uxía, Roi, Nuria T, Diego e Xiana que cedan o seu tempo libre para axudarnos nas tarefas da Biblioteca. Moitas grazas!!

Queremos agradecerlles a Nerea, Nicolás, Breogán, Jesús, Noa, Nuria, Uxía, Roi, Nuria T, Diego e Xiana que cedan o seu tempo libre para axudarnos nas tarefas da Biblioteca. Moitas grazas!!
jueves, 20 de octubre de 2016
Prácticas de posición de seguridade
O alumnado de 1º de TAPSD estiveron traballando durante este semana a posición de seguridade e a movilización de pacientes.
martes, 18 de octubre de 2016
Taller de Xadrez
O alumnado de 1º ESO participou na primeira sesión de formación de Xadrez a cargo do profesor de Matemáticas Manuel Lugo. Esta actividade tivo lugar na aula de xogos e alí mostrounos dende como colocar as pezas no taboleiro, pasando polos distintos movementos... ata o Xaque mate!!
Nesta xornada reparteuse entre o alumnado un pequeno manual e un marcapáxinas.viernes, 14 de octubre de 2016
Técnicas de estudo
Hoxe tivemos a primeira das tres sesión do Obradoiro de técnicas de estudo para o alumnado de 1º ESO. Agradecer a Salomé a súa colaboración nestas xornadas. Grazas!!
miércoles, 12 de octubre de 2016
Audiovisual
Onte estivo con nós Tereixa, de
Telearqueoloxía, dando un Obradoiro de Audiovisual. Participaron o alumnado de 3º PMAR e 4º ESO.
jueves, 6 de octubre de 2016
A Espada de Brandomés
Hoxe viñeron ao centro David Abella e Saleta González para falarnos de arqueoloxía e "Telearqueoloxía" e da Espada de Brandomés e das espadas da idade de bronce no río Ulla.
Nesta charla estie
Nesta charla estie
martes, 4 de octubre de 2016
Día do Maior
Con motivo da celebración do Día das persoas maiores, que este ano tivo como lema "Visibilizar os nosos maiores", o grupo de primeiro do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependecia quixo aportar o seu gran de área.
Realizouse unha búsqueda de obxectos relacionados co maior, unha chambra conmemorativa, unhas crachas coas figuras dos maiores e uns marcapáxinas coas facianas dos maiores. Estes elementos foron agochados en diferentes lugares do centro, e foi o alumnado de 1º e 2º ESO os encargados de atopalos.
Deste xeito quixemos resaltar a necesidade que teñen os nosos maiores de ser vistos polos máis novos.

Deste xeito quixemos resaltar a necesidade que teñen os nosos maiores de ser vistos polos máis novos.
lunes, 3 de octubre de 2016
Outono no Camballón
Chegou o mes de Outubro e con el os preparativos para o samaín e o magosto. E que mellor modo que empezar por ambientar o noso centro creando ambiente?
Esperamos que moitos poidamos sentarnos aqui e de paso... ollar algún exemplar dos que están na mesa....
A comunidade educativa, fíxonos estas recomendación para este tempo de frío e auga. Esperamos que sexan do voso agrado.
O alumnado de 1º ESO de Iniciación e tratamento da información recopilaron unha serie de receitas con algúns elementos típicos desta época:
Esperamos que moitos poidamos sentarnos aqui e de paso... ollar algún exemplar dos que están na mesa....
A comunidade educativa, fíxonos estas recomendación para este tempo de frío e auga. Esperamos que sexan do voso agrado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)