
Desde a azotea podía contemplar o torreón da casa dos meus soños, coas súas preciosas ventás e un amplo e coidado xardín. Algo que sempre me inquietou era que nunca vin a ninguén. Xamais se ouvían voces, nin había nenos xogando coas bicicletas aparcadas detrás do caserón.
Por se iso fose pouco, moitas veces busquei a casa do torreón desde a rúa, pero nunca a achei. Era coma se só puidese ser contemplada desde o alto, desde a azotea onde eu tendía a roupa cando facía sol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario