Este curso, celebramos o Día das Letras Galegas decorando o corredor do acceso ao noso centro con poemas de Rosalía ilustrados polo alumnado de 1º de ESO.
Letras galegas 2015 on PhotoPeach
Así quedou o traballo
Asemade, retomamos, despois dun ano, a sección "Nós tamén facemos letras galegas" publicando os relatos gañadores do concurso
Sígueme ilustrados por alumnado do centro
e a tradución do poema de Cavafis, Ítaca, que realizaron as alumnas de Grego I:
Ademais da tradución deste poema fixeron o seguinte traballo:
Na clase de grego de 1º de BACH limos a Odisea de Homero na versión de Rosemary Suttcliff, ilustrada polo gran debuxante Alan Lee e editada por Vicens Vives.
Como tod@s sabedes, é o relato do regreso de Odiseo desde Troia, a cidade que asolaran os gregos tras un asedio que durou dez anos, ata Ítaca, a súa illa natal onde o esperaban a súa esposa, Penélope, o seu fillo, Telémaco, e o trono real.
Cubrir esa distancia, aparentemente curta se consultades un mapa actual, levoulle ao noso heroe outros dez anos, de xeito que a ausencia da súa casa acadou dúas décadas enteiras.
Ao longo desta dilatada travesía, Odiseo viviu unha morea de aventuras das que vos damos noticia no mapa interactivo de abaixo.
Cada icona contén un breve texto que informa sobre a peripecia en cuestión e sobre algunha proposta de localización no mapa do Mediterráneo (permitíndonos a licenza de supoñer que a xeografía imaxinaria poda coincidir coa xeografía real).
Un dos puntos marcados cun corazón é Ítaca; o outro, xa veredes cal é.
O punto marcado coa icona de círculos concéntricos non se corresponde con ningún lugar presente na Odisea, é un “extra” que incluímos.
Por último, hai outro punto do mapa que nunca visitou Odiseo e que nós destacamos coa icona do círculo verde: Alexandría, a vila natal do poeta Cavafis autor do famoso poema Ítaca. Nós traducímolo na clase e deixámosvos aí a nosa versión.
Este traballo queremos dedicarllo ao profesor Xurxo Mariño, un Odiseo do noso tempo, que tivo a xenerosidade de incluír o IES "Marco do Camballón" no seu periplo deste curso para compartir con nós as súas experiencias e coñecementos.
(Miriam Lareu, Carla Castro, Alba López e Tamara Soto)