A biblioteca e os
departamentos que tomaron parte nesta 1ª edición do concurso CambaNet queremos felicitar os catro equipos que
chegastes ao final do concurso.
Foi unha carreira de fondo na
que demostrastes perseveranza, tenacidade e capacidade de loita, sexa cal for a
puntuación obtida.
Esperamos que fose unha experiencia enriquecedora e que, máis alá dos contidos
directamente relacionados coas preguntas, atesouredes agora un bo feixe de
habilidades e estratexias para a procura de información, tanto en bibliotecas
como en Internet, para o traballo en equipo e para a xestión do tempo.
Parabéns a Os Nènos (Adrián García, Roi Guzmán e Alexander Iglesias de 2º ESO), flamante equipo ganador que se mantivo
invicto ao longo de todo o proceso e que só cando a “kriptonita” diminuíu leve
e temporalmente as súas enerxías cometeu dous pequenos erros.
Parabéns a Nosilo (Silvia Alonso, Lucía Blanco e Noelia Dopazo de 2º Bach), que, tras un tramo final sumamente
disputado, obtivo a segunda posición.
Parabéns a Morriña (Cecilia García Soto de 1º Bach),
que ata o último momento pelexou por ese mesmo posto e quedou a un punto de
conseguilo.
E parabéns a Alex Tintor (Uxía Blanco de 4º e Marta Blanco de 3º de ESO), que, pese a todos os escollos,
continuou respondendo as sucesivas fases cun auténtico espírito deportivo e un
alto afán de superación.
Bravo a todos e todas!
Chegados a este punto, só cabe dicir que foi un auténtico pracer compartir
con vós esta aventura!
A entrega de premios, á que estades convocados os membros dos catro equipos, será o venres 15 de maio ás 11:30 na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario