Dous dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato, Silvia Alonso Blanco e Marcos Fernández Pichel, recibiron hoxe en Santiago de Compostela o recoñecemento ao seu esforzo. Estes premios concédense aos mellores expedientes de Galicia cuxa puntuación supere o 9 na nota de acceso á univesidade. Parabéns.
martes, 30 de junio de 2015
martes, 23 de junio de 2015
VIDEO OBRADOIRO DE CREACIÓN ARTÍSTICA 2015
Sumándonos ao fenómeno dos vídeo clips urbanos,
os rapaces/as do grupo de obradoiro de creación artística realizan a montaxe
dun vídeo ao ritmo da canción “blurred
lines” de Robin Thicke. Utilizamos como
marco creativo diversas zonas do noso instituto como son: o ximnasio, a
biblioteca, as escaleiras da entrada, os baixos, as pistas polideportivas, os corredores da planta baixa e as columnas da
entrada. O vosos compañeiros/as bailan e brincan en todos estes escenarios
abertos, nunha mostra de traballo en equipo e creatividade a esgalla.
miércoles, 17 de junio de 2015
Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
O vindeiro curso 2015-2016, o IES "Marco do Camballón" ofertará o
Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia,
conducente ao título de Técnico en atención a persoas en situación de dependencia.
Contacto:
e-mail: ies.marco.camballon@edu.xunta.es
Tfo.: 986582251
Ligazóns de interese:
http://www.edu.xunta.es/fp/conece-fp
lunes, 15 de junio de 2015
A República das Palavras
Xa temos na biblio a última obra de Séchu que reseña José F. Asorey:
Séchu Sende, A República das Palavras
A
editorial Através vén de sacar do prelo A república
das Palavras, recente contribución de Séchu Sende á República das Letras
Galegas. Trinta e tantos relatos breves con algunhas cuñas poéticas conforman
esta magnífica obra que o seu autor confirma ser continuación de Made in Galiza. Pode considerarse como
unha miscelánea narrativa na que Sende, xogando coas imaxes humorísticas, trata
temas de ficción, realistas e mesmo surrealistas, desde anécdotas tabernarias
ata narracións sublimes que non nos deixan indiferentes. Asemade, fai unha
defensa apaixonada da lingua e da cultura de noso, tocando ademais outros temas
como pode ser o feminismo e o amor polos animais. Dada a miña simpatía e
admiración por Séchu, que me honra coa súa amizade, recoñezo que non podo ser
totalmente obxectivo, pero o que si podo asegurar é que coa lectura de A República das Palavras gocei
moitísimo.
Días
atrás, o diario catalán La Vanguardia publicou unha recensión coa que coincido
totalmente. Recomendo encarecidamente a súa lectura.
Parabéns,
Séchu, e grazas por esta achega á República das Letras Galegas.
Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:
http://www.lavanguardia.com/20150530/54431972660/galaicocatalanes-marius-serra.html
http://www.lavanguardia.com/20150530/54431972660/galaicocatalanes-marius-serra.html
http://armandorequeixo.blogaliza.org/2015/06/03/tabela-dos-libros-xuno-2015/
http://www.docdroid.net/13280/2014-28-05-a-repblica-das-palavras-de-schu-sende-por-mario-regueira.pdf.html
http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-04-06-2015-1201807
http://www.ccma.cat/catradio/alacarta/el-mati-de-catalunya-radio/el-mati-d11-00-a-12-00/audio/884588/#
Cerceda 2015
O alumnado de Relixión participou o pasado venres dunha xornada de convivencia no parque acuático de Cerceda.
miércoles, 3 de junio de 2015
Boletín de lecturas para verán
Aquí vos deixamos as distintas suxestións de lectura para este verán. O prazo de préstamo está aberto ata o venres 19. Non vos despistedes!!!
martes, 2 de junio de 2015
Actividades varias do departamento de Educación Física
Aquí podedes ver as actividades que levou a cabo o Departamento de Educación Física ao longo deste mes.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Suscribirse a:
Entradas (Atom)