Hoxe, damos por rematado este curso con moita festa: entregas de premio, bailes e música. Esto foi unha pequena mostra do que se fixo. Disfrutade das vacacións e boas lecturas a todos e todas. Vémonos en setembro!!
viernes, 21 de junio de 2019
As túas máns poden salvar vidas
Onte tivemos a gran sorte de contar cunha visita moi especial, os nosos ex-alumnos e alumnas que están cursando Mediciña, Lucía Blanco, José Luis Puga e Natalia Santiso. Estiveron co alumnado de ESO concienciándoos o importante que pode ser a axuda inmediata para salvar a vidas doutras persoas e como uns minutos de esperan teñen graves consecuencias. Tamén non falaron do DEA que temos no concello e onde están situados. Moitísimas grazas por esta visita!!
martes, 18 de junio de 2019
A nosa música somos nós
O noso centro está cheo de
xente musical e a música da regueifa, as bandas, a tradición, o rap ou o
rock, entre outros estilos, enchen as nosas vidas. Para moita xente do
instituto a música é vida. Respiramos facendo, escoitando, gozando coa
música.
Ademais temos a sorte de vivirmos en
galego. Sabemos outras linguas e vivimos en galego. Cantamos noutras
linguas e cantamos en galego. E aínda que non é moi normal encontrar a
música galega nos medios de comunicación, porque a situación
socio-cultural e política é adversa, as nosas redes sociais abren as
portas á música na nosa lingua, a nosa música.
A
pesar de que moita xente pensa, a música galega é extensa e variada.
Máis alá dos prexuízos que reducen a música galega a gaitas e
pandeiretas, no Camballón coñecemos ska, techno, rap, pop, rock, reagge e
calquera estilo musical en galego. Porque en galego podemos expresar
todo o que queiramos e do xeito que queiramos.
E
de feito, hai centos, milleiros de persoas que fan música na nosa
lingua. E entre a xente máis nova estamos nós: Noa e as Enxebres, as
regueifeiras e regueifeiros, a xente que desde as Cruces bota fora do
seu peito as palabras do noso idioma. Ou Sabela, Sokram ou A Banda da
Loba...
Durante dous cursos estivemos a tirar
fotos cheas de simpatía e puxemos os nosos corpos para completar as
carátulas de máis de 40 cds da historia e da actualidade da nosa música,
desde Ana Kiro a Sés, de Pucho Boedo a SondaRua, de Xenreira a Cuarta
Xusta.
Dise que un pobo que canta nunca morre. E
nas Cruces sabemos cantar e escoitar moi ben na nosa lingua. A música
precisa pobo e moita xente no Camballón sentimos ese compromiso, esa
ligazón, esa unión coa nosa música e coa nosa lingua. Debería ser o
normal, como en calquera lugar do mundo.
Temos sorte! Viva o Camballón!
Que a lingua nos acompañe! Que a nosa música nos acompañe!
Acto de graduación
Onte tivo lugar o acto de Graduación do alumnado de 2º Bacharelato e Ciclos Formativos. O evento tivo lugar no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces onde alumndo, familias e profesorado vivíu momento moi emotivos. Moita sorte nesta nova etapa!!
Girls of the worth
O alumnado da materia de Igualdade de xénero ben de crear un punto de observación sobre os medios de comunicaciók. O taboleiro leva por nome e quere ser un punto de reflexión e crítica sobre o que está a acontecer coas mulleres neste século XXI.
viernes, 7 de junio de 2019
Un curso de emocións
Este ano traballamos as emocións como tema transversal e estes son algúns materiais que se elaboraron interdisciplinarmente.
Material preparado pola Biblioteca coa colaboración do departamento de Lingua Galega.
Presentacións do departamento de Historia
Cancioneiro feito polo Clube da lingua e Normalización.
A poesía que emociona traballado nas materias de Galego e ITI.
Radical Punk
Gústame
Superpop
Guapa y a la última
Pornografía
Nota necrolóxica
Lúa
Fast &Furius
Suicidio
Material preparado pola Biblioteca coa colaboración do departamento de Lingua Galega.
Presentacións do departamento de Historia
Cancioneiro feito polo Clube da lingua e Normalización.
A poesía que emociona traballado nas materias de Galego e ITI.
Radical Punk
Gústame
Superpop
Guapa y a la última
Pornografía
Nota necrolóxica
Lúa
Fast &Furius
Poesía fea
Suicidio
martes, 4 de junio de 2019
PARTICIPAMOS NO CUARTO LANZAMENTO DA NOSA

O
día do lanzamento, o tempo era favorábel ao voo, se ben en superficie
había rachas de vento que provocaron o impacto da cápsula contra un muro
aos poucos metros do despegue. Malia iso, a misión continuou sen máis
contratempos, aterrando nas inmediacións do concello de Maceda. Tras
catro días de búsqueda, a cápsula puido ser recuperada con éxito grazas á
colaboración no rastrexo da familia Regos, de Ordes. Tras abrir a
cápsula, puidemos comprobar o bo estado do instrumental e iniciar a
análise dos datos.
Neste voo acadamos un novo rexistro de altura, chegando aos 35553 m. A anterior marca fixáraa a MarumaSat II, con 33612m
sábado, 1 de junio de 2019
Equipo de ciberasesor@s
O alumnado de 2º ESO traballou nun programa de mediación no entorno das redes sociais chamado Ciberasesor@s. O obxectivo non é outro que o de concienciar ao alumnado dos riscos dun mal uso das redes sociais.
Durante as sesións de titoría de 2º ESO o alumnado traballou os distintos riscos asociados ás redes. A partir de aí, elaborou unha presentación centrada en dous temas: sexting e grooming. O noso alumnado asumiu un papel activo e este venres traballaron co alumnado de 1º ESO do IES.
Sesión TEI 1 e 2
O alumnado de TEI-1 e TEI-2 celebraron a clausura das actividades TEI do presente curso. TEI-1 desfrutou dun obradoiro de xogos tradicionais con elementos naturais e xogos psicomotrices. O TEI-2 asistíu ao visionado da película Mustang, da que de seguro sacaron interesantes conclusións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)