Os alumnos de 1º e 2º do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería fixeron unha visita guiada polos estaleiros de Navantia en Ferrol
onde puideron comprobar todo o proceso que se leva a cabo na construción naval.
En primeiro lugar recibiron
unha charla sobre o compromiso coa calidade do sector naval, dende os operarios
ata os directivos e como grazas a esa calidade se reducen os custos e os
prazos.

A visita rematou no museo
do estaleiro, onde fixeron unha pequena achega á historia do estaleiro de
Navantia e como foron mellorando os medios na construción naval.