lunes, 30 de enero de 2017
viernes, 27 de enero de 2017
Tales do Camballón Films!!

Os cadrados máxicos son un dos enredos matemáticos máis coñecidos.
Abonda con saber que son cadrados nos que se distribúen números de
maneira que as súas filas, columnas e diagonais principais.
Explicación do principio do pombal, tamén coñecido como principio de Dirichlet, e algunhas das súas aplicacións.
Este coñecido xogo pedra-papel-tesoira depara sorpresas máis alá do simple divertimento. Por exemplo, as súas regras serven como modelo matemático da reprodución e supervivencia dalgunhas especies animais.
O xogo das coles de Bruxelas é un enredo bastante popular que, aínda que non o pareza, encobre moitas matemáticas.
Que é un número primo? Que tipos de números primos existen? E por que hai infinitos números primos? Estas e outras cousas cóntanse neste vídeo.
Que terá que ver un xogo de moedas cos números pares e impares? Neste traballo de investigación amosaremos como as matemáticas explican certos trucos con moedas cos que nos poden sorprender.
Hai unha chea de efectos de maxia que funcionan grazas ás matemáticas. Neste traballo presentamos un efecto que permite adiviñar o número pensado por unha persoa.
A lei d'Hondt é un sistema de reparto electoral usado en moitos países, entre eles España, que pretende outorgar escanos dunha maneira proporcional.
Xornada de Sensibilización de lingua de signos
Hoxe recibimos a visita da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, a petición de CMAPS.
Unha persoa xorda, acompañada de varias intérpretes de lingua de signos, realizou unha sesión de sensibilización para mostrar ao alumnado de 1º de ESO as dificultades de integración.
Co alumnado do ciclo APSD realizaron unha tarefa de profundización na lingua de signos e sobre como mellorar a súa tarefa profesional nun contorno de usuarios con esta diversidade funcional.
Etiquetas:
Charla,
Lingua signos,
Sensibilización,
TAPSD
Decoración funcional
O alumnado de 1º TAPSD, acaban de realizar unha actividade onde deben poñer en funcionamento todas as súa neuronas para crear un elemento decorativo que serva para algo máis que ambientar o espazo. Debe ser algo sinxelo pero práctico.
jueves, 26 de enero de 2017
Visita a Compostela
No día de hoxe, tivemos unha xornada moi especial polo alumnado de 2º Bacharelato e de 1º de ESO, xa que os maiores do IES foron os encargados de impartir unha clase de Historia do Arte na fachada de Platería da Catedral compostelana. Marina e Brais fixeron unha presentación de diferentes relatos e/ou personaxes bíblicos ao alumnado de 1º de ESO.
O alumnado de 2º de BAC explicou o Pórtico da Gloria e visitou as cubertas da Catedral, a Facultade de Xeografía e Historia e o Museo das Peregrinacións.
Os de 1º de ESO percorreron a zona vella. Foron ata a Porta do Camiño subiron pola rúa Casa Reis buscando os distintos escudos, pasando polo iglesia das Ánimas o arquivo da Universidade ata o Plaza de Cervantes. Visitaron o Arco de Mazarelos e despois dirixíronse a Quitana para poder ver a de Vivos, a de Mortos e a Porta Santa. Tamén estiveron no Obradoiro e na Plaza da Acibechería. Posteriormente foron a Vista Alegre ao museo de Historia Natural da Universidade.
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Bioloxía,
Catedral,
Relixión,
Xeografía e Historia
martes, 24 de enero de 2017
Semana Escolar da non violencia e a Paz
As titorías en colaboración coa Biblioteca están elaborando o mural deste ano. Asemade o alumnado de 3º de ESO un mannequin challenge empregando como fío conductor unha frase de Buda Gautama sobre a Paz:"A paz é o
resultado de moitas actitudes, todas estas fundamentadas precisamente na
caridade, non entendida como limosna, senon como amor".
Deixamos un ligazón a unha unidade didáctica de Enrédate para traballar
lunes, 23 de enero de 2017
Nosa. Axencia Espacial Escolar Galega
O 20 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC do IES Marco do Camballón
participou na sesión de constitución da "NOSA. Axencia Espacial Escolar
Galega", no marco do congreso científico MarumaSat I celebrado en Ordes
(A Coruña). En dito acto participou tamén o alumnado do IES Maruxa
Mallo (Ordes) e IES Miraflores (Oleiros).
No congreso, o alumnado coñeceu o proxecto MarumaSat, desenvolvido o
curso pasado no IES Maruxa Mallo, consistente no deseño, construción e
lanzamento dunha sonda á estratosfera co obxectivo de tomar imaxes da
Terra e a fronteira do espazo, así como datos científicos para seren
analizados tras a aterraxe.
No acto do 20 de xaneiro, os tres institutos formalizaron a
constitución dunha axencia espacial que dea continuidade aos lanzamentos
e recollida de datos científicos sobre a Terra e capas altas da
atmosfera.
Na sesión votouse vía telemática o nome para axencia espacial entre varias propostas, resultando NOSA como o nome escollido.
jueves, 19 de enero de 2017
Programa de Titoría entre Iguais
Este programa é unha proposta da Consellería de Educación como medida para mellora da convivencia e prevención do Acoso Escolar nos centros educativos de Galicia. O noso centro, como todos os IES da comarca do Deza, poñen en funcionamento esta iniciativa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)