Mostrando entradas con la etiqueta Axencia Espacial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axencia Espacial. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de enero de 2017

Nosa. Axencia Espacial Escolar Galega

O 20 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC do IES Marco do Camballón participou na sesión de constitución da "NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega", no marco do congreso científico MarumaSat I celebrado en Ordes (A Coruña). En dito acto participou tamén o alumnado do IES Maruxa Mallo (Ordes) e IES Miraflores (Oleiros).
No congreso, o alumnado coñeceu o proxecto MarumaSat, desenvolvido o curso pasado no IES Maruxa Mallo, consistente no deseño, construción e lanzamento dunha sonda á estratosfera co obxectivo de tomar imaxes da Terra e a fronteira do espazo, así como datos científicos para seren analizados tras a aterraxe.
No acto do 20 de xaneiro, os tres institutos formalizaron a constitución dunha axencia espacial que dea continuidade aos lanzamentos e recollida de datos científicos sobre a Terra e capas altas da atmosfera.
Na sesión votouse vía telemática o nome para axencia espacial entre varias propostas, resultando NOSA como o nome escollido.