
viernes, 28 de abril de 2017
Nosa prepara o seu novo lanzamento ao espazo

jueves, 27 de abril de 2017
Programa Cores

Linguaxe publicitaria
- A linguaxe publicitaria busca persuadir ou incitar ás persoas consumidoras para que merquen determinados produtos ou servizos. Para acadar este obxectivo emprega distintos medios e estratexias.
- Nesta actividade tratouse de coñecer os principais elementos
da publicidade (cor, slogan, música, personaxes e liñas) e como
poden influír nas decisións das persoas consumidoras. Explícaronse
os pasos a seguir para a realización dunha campaña publicitaria.
Resolución de conflitos de consumo
- Explícouse de xeito fácil e comprensible cómo proceder para presentar unha reclamación en materia de consumo e deronse a coñecer os pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación.
- Realízouse unha aproximación ao funcionamento dos servizos
do Instituto Galego de Consumo e as súas vías de resolución de
conflitos.
Consumo na rede
- Internet ofrece moitas vantaxes, pero tamén implica riscos, sobre todo se non se fai un uso responsable e seguro do consumo na rede.
- Explícouse como realizar un uso e un consumo responsable das novas tecnoloxías, ao mesmo tempo que se reflexionou sobre a cantidade de tempo que se lle dedica á navegar pola rede a través dos distintos dispositivos electrónicos (smartphones, tablets, portátiles...).
- Analizáronse as vantaxes e os potenciais riscos no uso de
Internet e doutros conceptos vinculados ao uso das TIC (sexting,
cyberbulling, grooming, emprego abusivo, ...).
lunes, 24 de abril de 2017
Apadriñamento lector
Este ano o alumnado de 1º de Bacharelato ofreceuse voluntario para facer un apadriñamento lector co alumnado de 1º de ESO. Escolleron traballar co libroThe pied Piper of Hamelin. Primeiro fixeron unha lectura do libro entre todo o grupo e logo estiveron falando co alumnado en inglés sobre algúns aspectos do libro.
viernes, 21 de abril de 2017
Clipmetraxes
O alumnado do Camballón acadou o terceiro premio na categoría de Mellor Clipmetraxe Autonómico co vídeo Nuestro Mundo. Participaron o alunmado de 4º ESO e 1º de Bacharelato no concurso organizado por Manos Unidas co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre como a nosa maneira de alimentarnos provoca fame e acaba cos recursos. Nesta oitava edición, celebrada en Santiago, Sonia e Marta foron as encargadas de recoller o diploma e un lote de libros.
Día Mundial do Libro
Para conmemorar o Día Mundial do Libro e contando coa colaboración da Librería O Colexío, unha das librería do Concello, durante a vindeira semana temos expostos libros e películas que se poden suxerir para mercar na Biblioteca ou adquirilos na propia tenda.
A idea é acercar a cultura ao noso centro educa
2017-04-23 Día do libro - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Dende as titorías estivemos traballando o conto, tema elexido este ano para traballar dende a Biblio. Contamos co traballo de diseño e creación dous candís que foron iluminando das historias que comezaba na biblioteca e foi pasando por cada unha das titorías. A esta actividade chamámoslle Candileamos! e este foi o resultado.
A idea é acercar a cultura ao noso centro educa
2017-04-23 Día do libro - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Dende as titorías estivemos traballando o conto, tema elexido este ano para traballar dende a Biblio. Contamos co traballo de diseño e creación dous candís que foron iluminando das historias que comezaba na biblioteca e foi pasando por cada unha das titorías. A esta actividade chamámoslle Candileamos! e este foi o resultado.
jueves, 20 de abril de 2017
Xuntanza TEI
Hoxe na Manuel Dobarro tivo lugar unha nova xuntanza TEI entre o alumnado de 1º e 3º ESO. Realizáronse actividades cos titores e titorizados para promover a cohesión e profundizar no coñecemento do compañeiro/a.
viernes, 7 de abril de 2017
Convivencia TEI
O mércores e xoves tivo lugar na contorna do noso centro unha saída para fomentar a Convivencia entre os titores e titorizados do Programa TEI que se puxo en marcha este curso. Participaron dun taller dirixido por Cristina e Agustín onde tiveron nocións de como coidar os nosos montes, puideron comprobar cal é a idade das árbores, visitaron unha reserva de Sobreiras e fixeron unha valoración no monte Redondo.
jueves, 6 de abril de 2017
Visita a Londres
O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato estiveron de excursión en Londres dende o 24 ata o 30 de marzo e quen mellor ca eles para contarnos o que fixeron nos seis día de viaxe. Aquí deixamos os vídeos que fixeron de cada unha das xornadas.
Concurso de fotografía: decisión do xurado
Reunido o xurado do concurso de fotografía Ven ver isto, mostra a túa contorna, organizado polo concello de Vila de Cruces e o IES Marco do Camballón, decidiu premiar, nesta primeira edición, os traballos de:
Os premios serán entregados no IES despois de Semana Santa.
Se queres ver a noticia publicada no faro de Vigo, preme sobre o nome do xornal.
- Marta González Castro
- Uxía Amosa Martínez
- María Iglesias Iglesias
Os premios serán entregados no IES despois de Semana Santa.
Se queres ver a noticia publicada no faro de Vigo, preme sobre o nome do xornal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)