
Linguaxe publicitaria
- A linguaxe publicitaria busca persuadir ou incitar ás persoas consumidoras para que merquen determinados produtos ou servizos. Para acadar este obxectivo emprega distintos medios e estratexias.
- Nesta actividade tratouse de coñecer os principais elementos
da publicidade (cor, slogan, música, personaxes e liñas) e como
poden influír nas decisións das persoas consumidoras. Explícaronse
os pasos a seguir para a realización dunha campaña publicitaria.
Resolución de conflitos de consumo
- Explícouse de xeito fácil e comprensible cómo proceder para presentar unha reclamación en materia de consumo e deronse a coñecer os pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación.
- Realízouse unha aproximación ao funcionamento dos servizos
do Instituto Galego de Consumo e as súas vías de resolución de
conflitos.
Consumo na rede
- Internet ofrece moitas vantaxes, pero tamén implica riscos, sobre todo se non se fai un uso responsable e seguro do consumo na rede.
- Explícouse como realizar un uso e un consumo responsable das novas tecnoloxías, ao mesmo tempo que se reflexionou sobre a cantidade de tempo que se lle dedica á navegar pola rede a través dos distintos dispositivos electrónicos (smartphones, tablets, portátiles...).
- Analizáronse as vantaxes e os potenciais riscos no uso de
Internet e doutros conceptos vinculados ao uso das TIC (sexting,
cyberbulling, grooming, emprego abusivo, ...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario