viernes, 31 de mayo de 2019
Visita de Paula Cereixo
Hoxe visitounos Paula Cereixo, antiga alumna do centro e atriz. O alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º de ESO compartíu con ela unha sesión na que falaron de teatro, cine, arte... e remataron vendo a curta El Jefe de Kraken films. Moitas grazas por vir Paula!!
jueves, 30 de mayo de 2019
O Camballón publica un libro de recollida oral sobre o guerrilleiro antifascista Foucellas

Este
libro reúne vinte e seis historias recollidas por alumnado e exalumnado
do Camballón e configuran un arquivo diverso sobre a presenza da
guerrilla antifranquista nas terras de Carbia e o Deza. O libro forma
parte do Proxecto Palabras de Pedra, un proxecto de posta en valor o
patrimonio material e inmaterial das Cruces que, desde o Equipo de
Normalización, pretende socializar os valores culturais, lingüísticos e
sociolingüísticos locais. Outrosproxectos de participación que xurdiron
de Palabras de Pedra son a posta en valor das Mámoas de Oirós, o Mapa
dos Tesouros das Lendas de Vila de Cruces, A nosa música somos nós ou a
Regueifesta, entre outros. Esta metodoloxía parte da importancia do
traballo colectivo e da participación social para transformar e
enriquecer a realidade socio-cultural das Cruces.
No prólogo do libro, podemos ler algunhas das funcións educativas da publicación:
Unha das razóns polas que publicamos este libriño é para contrastar a rumoroloxía coa Historia. Porque sabemos que o personaxe do Foucellas está construído tamén con invencións e difamacións promovidas polo réxime de Franco, e aquí confiamos na historia como ciencia, como porta de coñecementos contrastados. Porque moitas veces aparecen as preguntas e a curiosidade e nós queremos saber máis e queremos aprender mellor! Unha pregunta: Por que en Francia os maquis, as mulleres e homes da Resistencia contra Hitler e o nazismo son homenaxeados con nomes de rúas, estatuas ou celebracións de admiración e aquí non se lle dá o mesmo trato á xente que loitou contra Franco e o fascismo nos anos da Ditadura?
O
Foucellas foi un guerrilleiro antifranquista, un home fuxido por razóns
políticas, sobre o que hai varios libros escritos. Estas páxinas
intentan coñecer algunhas das historias do paso de Benigno López Andrade
polas terras de Vila de Cruces para completar a imaxe sobre este
personaxe histórico.
No tempo das fake news
e a invención da historia, é bo reflexionar sobre un personaxe
histórico que loitou contra unha ditadura que tamén fixo uso da
propaganda contra os guerrilleiros.
Pensamos
que escoitarnos entre nós é unha forma de aprender que debe terse máis
en conta. Pensamos que falando entre nós descubrimos cousas que moitas
veces nos sorprenden. Porque no Clube da Lingua temos moita curiosidade e
queremos coñecer a nosa Historia a partir das nosas historias, aquí vai
este libriño sobre Benigno López Andrade, O Foucellas.
Debemos agradecer estas páxinas a toda a xente que colaborou neste traballo colectivo, obra común de moitas persoas."
O vindeiro xoves, 30 de maio, às 11.30 terá lugar a presentación do libro O Foucellas en Vila de Cruces nun acto no que participarán alumnado, profesorado do IES Marco do Camballón e o historiador Manuel Igrexas.
martes, 28 de mayo de 2019
Benvida ao alumnado de Primaria
Onte recibimos ao alumnado do CEIP de Merza, CEIP Cerdeiriñas e CEIP Nosa Señora da Piedade de 6º de Primaria que virán o vindeiro curso ao Instituto. O alumnado de 1º de ESO, voluntarios e voluntarias da Biblioteca e membros do Club de lectura, foron os encargados de recibilos na Biblioteca e explicarlle como funciona. Ao final da visita déronlle un agallo, l lápiz e un marcapáxinas creado por Antía, alumna do club de Lectura.
viernes, 24 de mayo de 2019
Sendeirismo Carboeiro-Carixa- Fervenxa do Toxa
Recomendacións de verán
Aquí deixamos algunhas recomendacións para este verán, esperamos que sexan do voso agrado.
miércoles, 22 de mayo de 2019
II Marco numérico

O segundo volume de Marco Numérico
acaba de saír do prelo. A publicación (de periodicidade anual e xurdida
no curso 2017-18 a iniciativa do Departamento de Matemáticas do IES
Marco do Camballón) quere recoller traballos de investigación realizados
por alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensino galegos
que teñan as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos
estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser
orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e
contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. A
temática dos artigos é libre, podendo abordar asuntos de interese social
e ecolóxico como outros especificamente asociados ao eido da
investigación matemática ou numérica.
Do
punto de vista educativo, a publicación pretende introducir ao alumnado
de secundaria e bacharelato na investigación formal. Deste xeito, o
alumnado muda o rol pasivo que habitualmente ten asignado nas escolas
por un papel máis activo na adquisición e formalización do coñecemento.
Ademais de adquirir competencias específicas da área das matemáticas,
esta experiencia pode ser motivadora en termos xerais, ben noutros eidos
do coñecemento científico, ben tamén na investigación humanística.
O presente número consta de dúas seccións, Dentro do Marco e Fóra do Marco. Na primeira sección, Dentro do Marco,
inclúense os artigos realizados polo propio alumnado do IES Marco do
Camballón. Os traballos incluídos neste número son os seguintes:
- Lei de Benford xeralizada para números primos.
- O efecto invernadoiro no contexto da Unión Europea.
- Manchas solares: distribución e ciclos.
- O azar predicible: xerando números pseudoaleatorios.
- Análise estatística da distribución de sumas de Goldbach.
- Eficacia probabilística do test de primalidade de Fermat.
- Movemento browniano no contexto dunha apocalipse zombi.
- O método de Newton-Raphson no riff de Day Tripper.
- Autómatas celulares: un modelo para a propagación de enfermidades.
Na sección Fóra do Marco inclúense traballos de alumnado do IES Virxe do Mar (Noia) e IES Maruxa Mallo (Ordes):
- Planificación de rutas e teoría de grafos: un caso práctico.
- Programa de código aberto para a resolución de sistemas de ecuacións lineais.
- O consumo eléctrico e as súas tarifas.
- Os xuros e as mensualidades.
O presente número conta ademais cun limiar da profesora titular da Facultade de Matemáticas da USC Mª Victoria Otero Espinar.
martes, 21 de mayo de 2019
Equipo de ciberasesor@s visita o colexio

Durante
as sesións de titoría de 2º ESO o alumnado traballou os distintos
riscos asociados ás redes. A partir de aí, elaborou unha presentación
centrada en dous temas: sexting e grooming. O noso alumnado asumiu un
papel activo na medida en que as presentacións estaban destinadas ao
alumnado de primaria do colexio da localidade, o CEIP Nosa Señora da
Piedade. Con iso tratouse de conseguir que o noso alumnado se metera de
cheo na materia a tratar e se responsabilizara da súa comunicación aos
máis pequenos, de xeito que adquiriran unha maior implicación.
Valoramos
moi satisfactoriamente o resultado da intervencións do alumnado.
Conseguiron transmitir a idea de que as redes sociais deben ser
empregadas con cautela e que temos que levar conta das nosas accións
porque as consecuencias son imprevisibles.
O
equipo de mediación tamén exporá a presentación ao alumnado de 1º ESO
do noso centro, nunha sesión programada para esta semana.
martes, 14 de mayo de 2019
Viaxe de repentistas do Camballón a Cataluña
O
alumnado dos institutos das Cruces e de Baio viaxaron a Barcelona para
participar nunhas xornadas de improvisación oral en verso xunto a
adolescentes de Euskal Herria e de Cataluña.
O ano pasado foi
Cataluña quen se sumou á experiencia e alumnado de Barcelona achegarase a
Compostela para participar na Regueifesta 2018 con bascos e alumnado
galego das catro provincias.
O primeiro día chegamos ao
Ateneu Popular de Nou Barris e alí coñecemos o alumnado do convivio.
Algunhas das alumnas xa levan catro anos de aventura, para outros era a
primeira vez, e as actividades de presentación foron dinámicas e
divertidas, e comezamos a improvisar xa desde o primeiro momento!
Ás
19.00 o teatro do Ateneu encheuse e tivo lugar o primeiro espectáculo,
onde as representantes galegas se presentaron cantando, e improvisaron a
partir do primeiro verso "Non hai auga para todos" e, finalmente,
construíron unha copla a partir dun tema dado: "Tes que comprar mazás...
Cales comprarías, as que veñen de moi lonxe e explotan traballadoras e
destrúen o medio ambiente, e son máis baratas, ou as que veñen de perto
da túa casa e son máis caras?
Ao día seguinte
visitamos o IES Ramón Berenguer de Santa Coloma, un centro con moita
inmigración de todas as partes do mundo e onde o catalá é lingua de
unión. E subimos ao poboado íbero que, polo Camiño das Bruxas, fica ao
pé do centro escolar. Foi un paseo duro mais valeu moito a pena porque
no alto, na hora de tempo libre, apareceu a música de forma espontánea e
cantamos e danzamos cada quen na súa lingua. Un momento máxico!
De
volta no instituto, o noso alunado regueifou de forma brillante sobre
uns obxectos que a persoa que presentaba colocou no palco. Unha proba
moi divertida!
Á tarde, roteiro polo bairro de
Gràcia! Fantástico! Estivemos no local dunha asociación viciñal e
despois no Centre Tradicionarius, onde nos falaron sobre cultura
participativa, asociacionismo e música tradicional.
E
á tardiña visitamos o instituto Montserrat, e coas famílias e o
alumnado do centro cantamos improvisando sobre varios temas. O máis
divertido: ter que construír unha copla con palabras en euskera e
catalá.
O terceiro dia foi o día do
Improversem, o grande Encontro de Improvisación escolar catalá. O tema
sobre o que tocou improvisar, o feminismo. E cun pé forzado apareceron
coplas da embaixada galega como estas:
Acabar co patriarcado
iso está nas nosas listas
vouvos dicir unha cousa
que nós somos feministas
Sonvos unha muller brava
e veño desde Galicia
e como nos é debido
nós sómosvos feministas.
Desde o 8 de marzo
demostrouse o que sabía
as mulleres saen á calle* (rúa)
e nós somos feministas
Viva a Regueifesta! Viva Improversem! Gora Euskal Herria, Visca Catalunya, Viva Galicia!
sábado, 11 de mayo de 2019
1º festival de Artes escénicas e danza
Non é a primeira experiencia que temos dun festival no
auditorio de Vila de Cruces. Ao longo de todos estes anos, o departamento de Educación Física organizou moitos festivais
nos cales contidos coma o teatro, a expresión corporal, coreografías de
diversos tipos e exhibicións varias tiñan cabida neses espectáculos.
A
gran diferenza é que agora contamos cunha materia optativa
en 4º ESO.
O
musical xorde da necesidade de intentar englobar todos os contidos
aprendidos, darlle forma a través dunha performance audio-visual e, ao
mesmo tempo, de canalizar o que fomos traballando nun obxectivo
concreto.
Presentaron un musical, UN MUNDO PERFECTO?, que supón unha crítica
feroz en clave de comedia do mundo que nos toca vivir e que nos rodea.
Neste
I Festival de Artes escénicas e danzas temos, contamos coa participación doutros centros que nos presentaron o que están
a realizar, moitas grazas ao IES de Melide e ao IES Chamoso Lamas de O
Carballiño pola súa participación.
Etiquetas:
1º Festival,
4º ESO,
Artes Escénicas,
Educación Física
viernes, 3 de mayo de 2019
Visita de Silvia Cernadas
O pasado 29 de abril o alumnado de 1º de ESO asistíu a unha charla sobre o libro de María Vinyals. Un talento rebelde impartida por Silvia Cernadas, persoa que fixo a revisión histórica da publicación.
Descubrimos a figura apaixoante de María Vinyals escritora. articulista e pioneira do feminismo.
Descubrimos a figura apaixoante de María Vinyals escritora. articulista e pioneira do feminismo.
Etiquetas:
1º ESO,
Autor@s,
Feminlismo,
Historiadora,
Silvia Cernada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)