lunes, 25 de septiembre de 2023
jueves, 21 de septiembre de 2023
Diplomas do equipo de voluntariado
Esta semana entregamos os diplomas ao equipo do voluntariado da biblio que sigue no noso centro. Moitas grazas pola vosa colaboración durante o pasado curso, sen o voso traballo e ilusión a biblioteca non sería a mesma.
Recordarvos que xa temos a prazo aberto para que vos apuntedes este curso, so tedes que vir á biblio durante un recreo e informarvos!!
Etiquetas:
Entrega diplomas,
Equipo de voluntariado,
Voluntariado
viernes, 15 de septiembre de 2023
Arranca o club de lectura
jueves, 14 de septiembre de 2023
Formación do Ciclo Medio de TAPSD
O alumnado do 1° curso do Ciclo Medio de TAPSD visitou a biblio para coñecela e familiarizarse cos fondos e as normas de funcionamento. Benvidas, esperamos que nos visitedes con frecuencia!!
miércoles, 13 de septiembre de 2023
Formación 1º ESO
O alumnado de 1° da ESO visitou a biblioteca para coñecer os fondos, os espazos e as normas de funcionamento. Esperamos velos moito pola biblio!!
lunes, 11 de septiembre de 2023
Camiños!!
Durante o primeiro trimestre percorreremos camiños culturais, realizando actividades sobre música e teatro así como distintos roteiros literarios.


EMPEZAMOS! Anīmate a camiñar con nós!
jueves, 7 de septiembre de 2023
Dorothe Schubarth unha firme defensora da custodia e difusión da música tradicional

Falece a musicóloga Dorothé Schubarth, que estivo intensamente unida a Galicia. Percorreu nos anos 70 e 80 do pasado século para escoitar as xentes cantar, especialmente cantareiras, e gravar eses cantares, transcribilos e publicalos no Cancioneiro Popular Galego, unha obra fundamental para entender o patrimonio musical construído polas galegas e galegos. Olaia Tubío e Alejandro Gándara reflectiron a afoutada labor investigadora de Schubarth no documental Dorothé na vila (2020). Agradecidos por un gran traballo, grazas por axudar a conservar o noso patrimonio!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)