Falece a musicóloga Dorothé Schubarth, que estivo intensamente unida a Galicia. Percorreu nos anos 70 e 80 do pasado século para escoitar as xentes cantar, especialmente cantareiras, e gravar eses cantares, transcribilos e publicalos no Cancioneiro Popular Galego, unha obra fundamental para entender o patrimonio musical construído polas galegas e galegos. Olaia Tubío e Alejandro Gándara reflectiron a afoutada labor investigadora de Schubarth no documental Dorothé na vila (2020). Agradecidos por un gran traballo, grazas por axudar a conservar o noso patrimonio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario