miércoles, 28 de febrero de 2024

Visita Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

                                                                   

   Hoxe visitamos a Biblioteca Municipal co alumnado de 1° da ESO. A súa coordinadora explicounos o funcionamento do préstamo, o ácceso ás salas de lectura e aos ordenadores e falounos dos fondos existentes. O alumnado que non tiña carnet de usuario levou o formulario que debe cubrir para poder obtelo e ter acceso aos distintos materiais da biblioteca. Este documento vailles permitir levar libros en préstamo en calquera biblioteca galega.

martes, 27 de febrero de 2024

Charla sobre violencia de xénero para familias

No mes de febreiro, no marco do Plan Director, recibimos a visita dunha axente da Garda Civil que falou ás familias sobre a violencia de xénero. Da man da axente descubrimos como traballan as forzas de seguridade nestes casos, as dificultades ás que se enfrontan e a importancia da súa labor na axuda as vítimas. Asemade, amosaron ás nais asistentes os contidos que se traballan sobre este tema nas charlas que imparten nos centros educativos ao alumnado.
Foi unha xornada de reflexión e intercambio de impresións, nas que se fixo patente que a violencia de xénero é unha cuestión que afecta a parellas de calquera idade e clase social, así como a importancia de pedir axuda e denunciar. 


viernes, 23 de febrero de 2024

Eu tamén falo galego, Rosalía

 





Hoxe conmemoramos o día de Rosalía de Castro lendo poemas do seu libro Follas Novas. Alumnado de 2° de Bacharelato gravou na radio os textos que foron emitidos.











jueves, 22 de febrero de 2024

Concurso disfraces entroido



Esta semana entregamos os premios do concurso de disfraces do entroido! Parabéns a todos que participastes!!!



lunes, 19 de febrero de 2024

viernes, 16 de febrero de 2024

Reciclemos, xa non temos excusa!!


Desde o CP EduSostibilidade do noso IES estanse a desenvolver distintas actividades co obxectivo de concienciar a toda a comunidade educativa da importancia que ten o correcto uso dos recursos e a correcta xestión de todo tipo de residuos.
A nosa obriga como cidadáns ten que ser a procura da Sostibilidade, é dicir: aprender a atender as necesidades da nosa sociedade actual, pero sen comprometer as da sociedade do futuro

Daquela, a través destes paneis podemos informarnos dos tipos básicos de contedores que existen e dos produtos que se deben e non se deben botar en cada un deles.

Lembremos, non obstante, ter sempre presente a Triple R, que será a que nos guíe cara unha máis próspera sostibilidade: Reducir, Reutilizar e Reciclar. E xa podemos novos paneis no centro que non indican que debemos poñer en cada contedor.






 

jueves, 15 de febrero de 2024

Entroido na Residencia



O alumnado de 1º do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, elaboraron os disfraces de vacas para levar a festa do entroido á residentes da residencia municipal de Vila de Cruces.

O alumnado levou á practica as técnicas de acompañamento aprendidas no módulo de Atención e apoio psicosocial.




viernes, 9 de febrero de 2024

Entroido

Hoxe tocou disfrazarse e Mara dixo que cada un viñera como quixera. 

Mirade que persoaxes percorreron os corredores do Camballón.

Houbo concurso de disfraces e sabedes que ganou??

Girls Scouts e YMCA na categoría de Grupos

Cupido, Hawaianos e Famboy justiciero na categoría Individual ou Parellas

Parabéns!!


jueves, 8 de febrero de 2024

Filosofía do Camballón




Participación do alumnado de filosofía do Camballón na Olimpíada filosófica de Galicia, nas modalidades de disertación e dilemas morais!

Mara fala...


 

martes, 6 de febrero de 2024

Mara fala...


Vente rapaz,vente meniña,
algo que che favoreza,
traerás na cabeciña.

lunes, 5 de febrero de 2024

Mara fala...


Para traballar na cociña.
un mandil
sobre a roupiña!!




 

viernes, 2 de febrero de 2024

Encontro intercentros de Entroido.

O alumnado do IES participou hoxe nun encontro entre centros de Entroido organizado polo CEIP Cerdeiriñas de Piloño. 

Participaron por unha banda dúas xeneralas María e Xulia de 4º ESO, cuxos traxes foron cedidos pola Asociación Cultural Vello dos Cornos de Merza.

Por outro banda estiveron regueifando o alumnado de 2º e 3º ESO.

Moitas grazas pola invitación
 

A Raíña do Entroido fala...




 Ola! Son A Raíña Do Entroido

Mara Me Fago Chamar,

Obedece As Miñas Ordes,

Se ben O Queres Pasar.


Se ao Camballón queres chegar,
zapatos distintos,
terás que levar.





jueves, 1 de febrero de 2024

Ao son da oralidade

Xa temos a exposción do Proxecto Ao son da oralidade non corredores do noso centro, podedes ollalos cando queirades. Parabéns polo Premio Antón Fraguas por iste traballo.