viernes, 27 de septiembre de 2024

Novidades da biblio



Arranca a radio!! 

Este ano hai algunha que outra novidades que podedes escoitar nos corredores ou na Radio Camballón.






O alumnado de 1º Bacharelato fixo algunhas suxestión de lectura  das adquisición que fixo a biblioteca no mes de setembro.


Esta sección veu para quedarse!!

Grazas a Xabi e a Nico que hoxe estiveron os mandos da radio. 


jueves, 26 de septiembre de 2024

Club de costura

 

Arranca os venres o Club de Costura da mán dunha gran experta na materia, Maruja da Cunca. Este curso ten novos proxectos que vos poden interesar, asíque o venres ás 11.30 pasade pola Biblio.

martes, 24 de septiembre de 2024

Formación Tapsd




O alumnado do primeiro curso do Ciclo de TAPSD visitou a biblioteca para coñecela e familiarizarse cos fondos e as normas de funcionamento. O grupo interesouse

moito polos libros de psicoloxía que temos na aula do alumnado e levou en préstamo alguns deles, tamén novelas actuais e clásicos da literatura! Parabéns polo voso interse pola lectura! Esperamos que nos visitedes con frecuencia e sigades levando en préstamo moitos libros e películas da nosa biblio!

lunes, 23 de septiembre de 2024

Formación da biblioteca

 

 

Hoxe tivemos a visita do alumnado de 1º de ESO. Coñeceron os fondos, os espazos e as normas de funcionamento. Tamén realizaron un xogo de pistas co que aprenderon a buscar libros e películas. Benvidos, esperamos velos moito pola biblio!!

 



Club de lectura de adultos


 Aquí están algúns dos membros do Club de Lectura de Adultos que retoman as reunión semanais do luns e que este ano medrou. Falaron da lectura do verán e das que teñen agora entre máns. Nesta primeira reunión decidiron que libro ían ler. Decantáronse pola escritora Andrea Maceiras co libro "O que sei do silencio".

lunes, 16 de septiembre de 2024

Diplomas do Voluntariado


Entrega de diplomas a parte do alumnado que participou no voluntariado da biblio durante o curso pasado. Gran parte do grupo colaborados xa non está no centro. Moitas grazas a todxs polo voso traballo e adicación, esperamos vervos de novo

durante este curso! Xa temos aberto o prazo para que vos apuntedes, podedes facelo na biblio durante o recreo!

 

Arranca o Club de lectura!!


 Xa temos todo listo para que arranque o Club de Lectura. 

Podedes pasar pola biblio e anotarse un curso máis. Este ano imos ter moitas sorpresa...

Podedes participar todos: alumnado, profesorado, familias...

Anotádevos canto antes!!

viernes, 13 de septiembre de 2024

Acompáñate dun bo libro


 Se queres estar ben acompañado/a estes días, podes pasarte polo biblio e botar man dun libro. 

Estimulan a túa imaxinación, axúdache a desenvolver a linguaxe e mellorar a túa capacidade de comprensión. Ademais, favorecen o desenvolvemento cognitivo, a memoria, a concentración, a creatividade...

miércoles, 11 de septiembre de 2024

Feliz inicio de curso





Para descubrir novos mundos, para aprender, para imaxinar, para  evadirnos... Razóns para ler nunca faltan... Cal é a túa? Envíade os vosos comentarios!! Feliz inicio de curso.