viernes, 4 de marzo de 2011
UN MAR DE LIBROS
Estamos en carnaval, época de música, cor, fantasía. Defínese a través de máscaras, disfraces, carrozas, desfiles, bailes... e a nosa Biblioteca tamén se quixo disfrazar iste ano. Sumérxete con nos no fondo do mar e descubriras os tesouros que aqui se agochan... Ánimo, ven a visitarnos e leva algún tesouro para o carnaval.
jueves, 3 de marzo de 2011
GALEOKE
O Galeoke está chegando a súa recta final, os participantes estan loitando por acadar os tres primeiros postos e poder optar a final galega. Ánimo, e que gane o/a máis cantante
LA GLADIADORA

Titus Flavius, xove patricio avogado, ve como se derrumba o mundo tras a morte de súa nai. Como a xustiza romana non está obligada a investigar os delitos, decide buscar ao culpable pola súa conta. A partires de entón, será investigador ao servizo dos máis desfavorecidos.
miércoles, 2 de marzo de 2011
EL LIBRO DEL CEMENTERIO
Gaiman, neste cómic, relátanos as peripecias dun xoven, chamado Nadie ou "Nad", a través de diferentes etapas de súa vida. Cando era un bebé, Nadie sobrevive ao misterioso asesino enviado para acabar coa súa familia e acaba sendo acollido polos peculiares habitantes do cemiterio cercano. Ao largo de toda a súa infancia e adolescencia, Nad será educado por istes seres e entablará unha complexa relación co mundo dos mortos, a caballo entre unha e outra realidade: despois de todo, el está vivo, aínda que non tarda en adquirir algúns dos poderes dos entes sobrenaturais.Dende ou seu novo fogar atisbará retrincos do mundo que se estende máis aló do enreixado do cemiterio, e ao que, de momento, non pode regresar, porque o asasino da súa familia aínda o están buscando.
martes, 1 de marzo de 2011
O CLAN DA LOBA

Dende tempos inmemoriais, os clans de bruxas Omar viviron agochándose das sanguinaria bruxas Odish e agardando a chegada da elixida pola profecía.
Agora os astros confirman que o tempo está próximo. Anaíd, que viviu durante catorce anos afastada nunha vila do Pireneo, ignora os segredos que teñen que ver coas mulleres da súa familia...
A misteriosa desaparición da súa nai enfróntaa a unha verdade tan arrepiante coma incrible e obrígaa a percorrer un longo camiño cheo de moitos perigos e dificultades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)