lunes, 10 de noviembre de 2014

Xadrez con Lotaría





XADREZ CON lotaría
DOUS GRUPOS:
                                     GRUPO A: ESO e FPB
                                     GRUPO B: BACH e CF SOLD

Ø  Cada semana faranse unha ou dúas roldas de partidas en cada un dos grupos, dependendo do número de participantes en cada un deles.
Ø  Na primeira rolda os emparellamentos serán por sorteo.
Ø  Nas seguintes roldas, dependerá do número de partidas que gañara cada xogador/a.
Ø  Cando un/unha xogador/a, por causas xustificadas (exames, reunións, etc), non pode acudir a unha partida que está programada, avisará ao coordinador do torneo.
Ø  Unha partida pode quedar aprazada ou adiantarse, segundo acordo entre os/as rivais e comunicada ao coordinador do torneo, ou por decisión xustificada do coordinador do torneo.
Ø  Cando un/unha xogador/a non se presenta (non existindo causa xustificada) considérase gañada polo/a rival.
Ø  Dous/dúas xogadores/as non se poden enfrontar en máis dunha ocasión nas roldas de clasificación.
Ø  Entre os/as catro mellores de cada grupo, celebrarase unha FINAL-CATRO.
Ø  Os desempates decidiranse tendo en conta as puntuacións dos/das rivais.
FINAL-CATRO

 Cada partida  ten unha duración máxima de 40 minutos  (cada xogador/a dispón de 20  minutos)


               SEMIFINAL                                                              FINAL                                              

                       
   1º CLASIF           4º CLASIF
                                                                 GAÑA 1- 4                GAÑA 2-3
    2º CLASIF           3º CLASIF


OS/AS GAÑADORES/AS de cada grupo xogarán unha partida de exhibición

INSCRIPCIÓN  NA AULA 106 (DURANTE OS RECREOS) OU FALAR CON MANUEL LUGO

CambaNet: 2º bloque da 1ª fase

A continuación publicamos as 2 preguntas correspondentes ao 2º bloque (do luns 10 ata o venres 14 de novembro).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación desta primeira fase do concurso, faranse públicas o domingo 16 de novembro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón. 


As preguntas son as seguintes:


1. No blog da biblioteca Abre os ollos, no menú de nome "Catálogo Meiga" pódese comprobar que entre os títulos máis emprestados hai un que inclúe no seu nome a palabra matemáticas. Investiga e escribe en que cidade, país e ano naceu o autor deste coñecido libro.

2. En 1898 naceu na cidade holandesa de Leeuwarden un dos artistas máis admirados pola beleza e innovación das súas obras, con fondo claramente matemático. Busca na sección de Matemáticas da biblioteca un libro cuxo título comeza co nome do artista. Indica que animais se diferencian na figura da páxina 42.


domingo, 9 de noviembre de 2014

CambaNet: respostas ao 1º bloque


As respostas correctas  ao 1º bloque de preguntas  son as seguintes:


1. Na sección de Matemáticas da nosa biblioteca podes atopar un fantástico libro coa identificación 51/CAR/his que ilustra de maneira amena a historia das Matemáticas. Na súa páxina 192 presentan a varios dos matremáticos máis célebres do Renacemento. Un deles está a piques de ser golpeado por unha lámpada. Escribe a famosa frase en italiano que pronunciou ante o tribunal da Inquisición este matemático.


"Eppur si muove"

2. Consulta o número da última páxina numerada do libro Método de ajedrez para niños que atoparás na sección de Mates. Entra no blog da biblioteca Abre os ollos e investiga no listado de DVD´s do menú "Catálogo de audiovisuais" que filme se corresponde coa cantidade de páxinas anterior. Escribe o seu título.


Historias de Filadelfia


As respostas de cada equipo ao 1º bloque de preguntas aparecen publicadas como comentarios na entrada correspondente.

CLASIFICACIÓN POR ORDE DE PUNTUACIÓN DE MAIOR A MENOR 
NOME DO  EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
Alex Tintor
5/5
10

As venusiñas
5/5
10

Ilussia
5/5
10

Los Ma´s
5/5
10

Morriña
5/5
10

Nosilo
5/5
10

Os nénos
5/5
10

Chocolota
5/4
9

Zoes
5/49

Galizantes
5/0
5

Zapato de Cristal
5/0
5

ELINFO
0/0
0

Equipo A
0/0
0

Funch
0/0
0

JAN
0/0
0

MAR
0/0
0

Marai
0/0
0

Merengue Merengue!!
0/0
0

Nap
0/0
0

Sen nome
0/0
0


Lembrade que isto é unha carreira de fondo e que ata o remate do concurso, na última semana de maio, poden pasar moitas cousas. Non tiredes a toalla ao primeiro contratempo, continuade concursando aínda que non obtiverades puntuación nesta primeira fase e fixádevos ben en como escribides as respostas: unha falta de ortografía supón un punto menos e dúas ou máis invalidan a resposta.
 Ánimo a tod@s!!! 

miércoles, 5 de noviembre de 2014

O club de lectura na Ruta da Auga

Aínda que xa foi hai boa, aquí tedes unhas fotos da visita do Clube de lectura 13-14 á  Ruta da Auga de Guitiriz. Paga a pena ollalas!


martes, 4 de noviembre de 2014

CambaNet: 1º bloque de preguntas

A continuación publicamos as 2 preguntas correspondentes ao 1º bloque (do martes 4 ata o venres 7 de novembro).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación desta primeira fase do concurso, faranse públicas o domingo 9 de novembro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións publicadas na entrada anterior. 


As preguntas son as seguintes:


1. Na sección de Matemáticas da nosa biblioteca podes atopar un fantástico libro coa identificación 51/CAR/his que ilustra de maneira amena a historia das Matemáticas. Na súa páxina 192 presentan a varios dos matremáticos máis célebres do Renacemento. Un deles está a piques de ser golpeado por unha lámpada. Escribe a famosa frase en italiano que pronunciou ante o tribunal da Inquisición este matemático.

2. Consulta o número da última páxina numerada do libro Método de ajedrez para niños que atoparás na sección de Mates. Entra no blog da biblioteca Abre os ollos e investiga no listado de DVD´s do menú "Catálogo de audiovisuais" que filme se corresponde coa cantidade de páxinas anterior. Escribe o seu título.


lunes, 3 de noviembre de 2014

Instrucións para o concurso CambaNet

O vindeiro martes, 4 de novembro, bota a andar o concurso CambaNet. 
Son 20 os equipos inscritos e un total de 44 participantes. Por diante, unha carreira de fondo na que hai que ir dosificando as enerxías ata acadar a meta a finais do mes de maio (ou principios de xuño se finalmente se produce un empate).
Os obxectivos do CambaNet son múltiples, pero hai dous fundamentais: que exploredes e coñezades a fondo a nosa Biblioteca e que aprendades a orientarvos nese labirinto confuso que é Internet. Para iso, tedes unha serie de ferramentas no noso blog que convén que utilicedes:


1. No menú  A nosa biblioteca hai catro enlaces moi útiles para aprender ou recordar como manexarnos na biblio:
  • Breve guía de uso: con este documento resolveremos dúbidas do tipo Que é iso da CDU? Onde figura o número de rexistro dun libro?
  • Plano: non lembras onde está a sección de xeografía? Consulta o plano.
  • Catálogo Meiga: neste enlace poderás consultar dende calquera lugar os fondos da nosa biblioteca, tanto os libros como o material audiovisual. Pero tamén terás acceso a outras informacións sobre a biblio como novidades, obras máis emprestadas, ou datos que precises dunha obra. 
  • Catálogo audiovisual: se o que procuras é unha película ou un CD de música, ademais de poder atopalo no Catálogo Meiga, podes buscalo aquí. Neste documento as obras están ordenadas polo número que ocupan na libraría central da biblio onde están colocadas, así que non terás problema para dar con elas.
2. A continuación deste menú, aparece a imaxe que utilizamos como logo do CambaNet. Picando no seu interior, accederedes a un documento moi recomendable para guiarse en Internet que vos resolverá dúbidas do tipo: Como podo buscar unha palabra concreta nunha páxina? É fiable esta web?

Pois agora só queda poñerse mans á obra. 
Que esta aventura vos resulte divertida e instrutiva!!!