jueves, 27 de enero de 2011

CONCURSO


30 CANCIÓNS POLA PAZ
30 DE XANEIRO


Identificar:
Número de canción e Número de pista
Autor/a e cantante
Álbum
Ano
Pista

Pódese participar en grupo (ata 3 persoas) ou individual
Gañarán o premio aqueles/as que máis cancións identifiquen
Material nos ordenadores da biblioteca e no departamento de música

Data límite VENRES 4 DE FEBREIRO. Na BIBLIOTECA


Todos os días 30 de xaneiro celébrase o día mundial da paz en lembranza do líder espiritual y político hindú Mahatma Gandhi (1869-1948) que defendía as súas ideas con métodos pacíficos, de resistencia non violenta e de rexeitamento de toda clase de enfrontamento armado entre pobos. Lamentablemente foi asasinado por un rival extremista.



Moitos músicos hai que adicaron parte da súa creatividade para defender e proclamar a voz cantada que a paz é un dos bens básicos desta humanidade, como o é a auga, o pan e todos os demáis dereitos do ser humano. Varios deles foron tamén asasinados, pero o que non lograrán xamáis os violentos será asasinar a súa música.

Sen dúbida, a mellor homenaxe que se lle pode facer a eses músicos é escoitar as súas cancións e compartir así as súas mensaxes de esperanza.

O concurso consiste en tratar de relacionar as letras que tes no arquivo .pdf (que podes descargar da páxina do centro -pestaña Departamentos_Departamento de Música- ou que tamén podes descargar nos ordenadores da Biblioteca) coas cancións que podes escoitar ou levar para casa no teu pendrive o mp3 (os audios das cancións telos nos ordenadores da Biblioteca)

Terás que relacionar cada Pista de audio co número de canción do arquivo pdf, averiguar quen a canta (o autor) e o ano e o album no que aparece a composición.

miércoles, 26 de enero de 2011

martes, 25 de enero de 2011

POEMA POLA PAZ

PROPÓÑOCHE QUE SEXAMOS MILITANTES
DO INMENSO EXÉRCITO DA VIDA
QUE POÑAMOS AO SERVIZO DA
PAZ
O NOSO ARSENAL DE ARMAS BRANCAS:
AMOR, CARIDADE, SOLIDARIEDADE, RESPECTO
PARA CONSTRUÍR UN MUNDO PLENO DE HARMONÍA...
DEPOÑAMOS ACTITUDES VANAS:
ORGULLO, VAIDADE, EGOÍSMO
E SINTAMOS EN TODO O NOSO SER
A MARABILLOSA SENSACIÓN DE SABER COMPARTIR...
HOXE, XA!, SEXAMOS POESÍA
E FAGAMOS VERSOS DAS NOSAS MANS
CON RIMA DE CORAZÓNS PARA CREAR
O POEMA INMENSO QUE ABARQUE TODA A TERRA
E ALCANCE O CEO, E SEXA ACUBILLO, ALEGRÍA,
PRESENTE E FUTURO... XUNTEMOS O TEU DESEXO E O MEU ANHELO

E FAGAMOS REALIDADE A PAZ DUN MUNDO NOVO...
................................
....................................
(RAMÓN VERMELLAS MOREL)

ORACIÓN DE MAHATMA GANDHI
Humildemente esforzareime
en amar,
en dicir a verdade,
en ser honesto e puro,
en non posuír nada que non me sexa necesario,
en gañarme o soldo co traballo,
en estar atento sempre ao que como e bebo,
en non ter nunca medo,
en respectar as crenzas dos demais,
en buscar sempre o mellor para todos,
en ser un irmán para todos os meus irmáns.

viernes, 21 de enero de 2011

GÖTZ E MEYER


En 1941-1942, en plena Segunda Guerra Mundial, tras o denominado -Holocausto por bala- que acabou con case todos os xudeus varóns de Belgrado prodúxose nesta ciudad o exterminio das mulleres, anciáns e nenos xudeus mediante o sistema dos camións-cámara de gas. Wiltem Göetz e Erwin Meyer foron dous dos suboficiais alemáns encargados das execucións.