martes, 31 de enero de 2012

EL CIELO ESTÁ EN CUALQUIER LUGAR



Lennie Walker ten dezasete anos e vive co seu tío, Uncle Big, e a súa avoa, Gram, e perdeu á súa irmá maior, Bailey, hai pouco menos dun mes, falecida repentina e inesperadamente debido a un problema cardíaco cando preparaba a súa voda con Toby Shaw, o seu noivo de toda a vida; moi avanzado o libro saberase que morreu embarazada. A nai de Lennie e Bailey, Paige, abandonounas fai moito; a familia vive das flores que cultiva Gram e dunha empresa informal de catering na que Lennie prepara lasañas. Lennie é, ademais, unha dotada clarinetista e unha lectora fervente e continua de Emily Brontë (leu Cumes Borrascosas vinte e tres veces).

lunes, 30 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR

Pásate pola Biblio e desfruta dun voo moi pacífico.

DIARIO DE NIKKI


Cando o pai de Nikki é contratado para encargarse da desinfección dun instituto de alto standing, non só consegue un traballo para todo o ano senón que á súa vez consegue unha bolsa para a súa filla. E é aí onde empeza o sinvivir de Nikki que se atopa perdida de súpeto entre un mundo descoñecido para ela: o do pijerío. Enseguida coñecerá a MacKenzie, unha moza que sempre vai á última e que lidera o grupo GPS (Guapas, Populares e Simpáticas). A guerra entre ela e MacKenzie para conseguir ser o número uno está servida.

viernes, 27 de enero de 2012

ÁGUILA ROJA. EL IMPOSTOR



Aguila Vermella convertido nun vilán? Por toda a vila comezan a estenderse rumores de que Aguila Vermella converteuse nun perigoso ladrón. Pero pronto descobres que, en realidade hai un impostor que comete crimenes disfrazado co mesmo vestimenta do heroe. Tes que deterlle ! Explora o palacio da Marquesa de Santillana na páxina 36 ou investiga unha igrexa saqueada na páxina 32. O comisario está a piques de disparar a Aguila Vermella! Podes avisar ao teu heroe na páxina 130 ou atacar directamente ao malvado Hernán na 105.

miércoles, 25 de enero de 2012

EL TALISMÁN CÓSMICO


Das túas decisións depende o teu destino. No camiño que escollas estará a clave para descubrir o antigo segredo que encerra o misterioso talismán cósmico.

DIARIO DE GREG

Trata sobre un raparigo, de pouca estatura, que lle compra a súa nai un diario para escribir as súas memorias. Greg empeza a ir ao instituto e ali non sentía agusto porque se tiña que cruzar con nenos dunha gran altura e mais fortes. Greg tiña un amigo que non lle gusta moito pero non había outro, chamábase Rowley era un mozo un pouco parvo por asi dicilo. No instituto había unha maldición dun queixo, o que tocase tería a maldición do queixo. Greg e Rowley en Halloween vacilaron a uns mozos maiores, e fixéronlle tragar a loncha de queixo, ao día seguinte a xente decatouse de que non había queixo e por deducións culparon a Greg e Rowley.