viernes, 22 de junio de 2012

BOAS VACACIÓNS

Dende a Bilblio desexamos que teñades boas vacacións pero... 

...LEMBRA...ERES O QUE LES!!.  
POR ISO... NON ESQUEZAS LEVAR UN LIBRO VAIAS ONDE VAIAS...    
                     

SEXO, LINGUA E ROCK´N ROLL no Marco do Camballón

O Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e o Festival Novo Cruceiro Rock presentarán este venres 22 de xuño, no Festival da Lingua do instituto cruceño, o libro cooperativo Sexo, lingua e rock´n. O volume foi elaborado por alumnado, exalumnado e profesorado do centro e conta con textos de xente vinculada á comarca, como a xornalista Belén Regueira ou a poeta Iria Anido Pedreira. Tamén participan no libro creadores como O Leo e Arremecaghona ou Vituco Neira, cantante de Ruxe Ruxe.
Xente Nova de Vila de Cruces

O libro supón a saída á luz pública dunha nova xeración de escritores e escritoras, como os exalumnos Vítor Pinheiro, Irene Portas, Juan Salgado, César Gúzman ou Álex Fiúza, que publican os seus primeiros textos literarios ao lado de escritores como Séchu Sende, profesor no instituto, ou Iria Anido, autora do poemario "Cambio de estrela". As alumnas Lina Iglesias, Natalia Santiso, Belén Quinteiro. Noelia Casal e Isabel Carmoega participan con textos que xiran en torno aos temas do libro: a lingua, o sexo e o rock´n roll.


O libro preséntase como "un proxecto dun grupo de xente nova que está a construír a súa vida desde a creatividade e o inconformismo, xente que cre na capacidade das palabras para cambiar as cousas, para cambiar o mundo".

O LADRÓN DE SOÑOS

Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas.

jueves, 21 de junio de 2012

KOELIKI: AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA

Xoeliki, un rapaz de once anos que un bo día atópase con que non pode entrar no Royal Fantasy, o seu xogo en rede preferido. No colexio, o director informa que a ordenadores da aula de informática están infectados polo virus capitangarfo.exe, seguramente porque algúns alumnos entraron en xogos da rede, cousa que está prohibida. Xoeliki queda preocupado por se descobre que el é un dos que xogara.
Ese día vai ser para el unha aventura, que comeza cando ten que ir só pola cidade porque a súa nai por razóns laborais non pode ir buscalo ao colexio.

miércoles, 20 de junio de 2012

DRAGAL II: A METAMORFOSE DO DRAGÓN

Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita no Charco da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila como un arroio de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos. Mentres espera por ela, Dragal descobre, por primeira vez na súa milenaria existencia, a limitación dos seus poderes. Para recuperar o seu lugar privilexiado na escala biolóxica, o dragón ten que absorber a materia gris do cerebro de Hadrián e conseguir a simbiose da súa alma. Se consegue humanizarse o mundo será seu, mais pola contra... Na procura dun milagre que lles axude a salvar ao seu amigo, Mónica e don Xurxo deberán desvelar as claves escondidas na milenaria igrexa de San Pedro. Logo descubrirán que, para cumprir os designios da profecía, os cabaleiros da Orde de Dragal xa iniciaron o seu regreso.

martes, 19 de junio de 2012

OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DA LÚA

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta  ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo.