
Un pianista retirado, unha dermatóloga e o seu fillo (estudante universitario) e unha profesora na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo de rebeldes pretende sensibilizar a cidadanía cunha intervención que enlace arte e natureza. Mentres levan a cabo o seu plan, a chegada inesperada dunha psiquiatra vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Nos seus diarios, os membros do grupo van dando as súas versións, que conforman unha historia colectiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario