
Tras moitos anos de ausencia, a nova escritora
Erica volve ao seu pobo natal, onde
herdou a casa dos seus pais recentemente falecidos. Erica decide darse un paseo polas rúas onde transcorreu os primeiros anos da súa vida, pero tras o aviso duns veciños, descobre que
a súa amiga da infancia, Alex,
acaba de
suicidarse. Conmocionada, inicia unha investigación e descobre que Alex estaba embarazada. A historia dá un novo xiro cando a
autopsia revela que a súa amiga non se suicidou senón
que foi asasinada. A policía detén ao
principal sospeitoso, Anders, un artista fracasado que mantiña unha relación especial coa vítima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario