
Benvidos á Roma Imperial. Nas termas Fortuna, unha das 800 que existen na cidade, os clientes reúnense para rexoubar, facer negocios e relaxarse. Pero algo máis cócese alí: Didia e os seus amigos pronto descubrirán que a morte do gladiador Globulus nas areas do Coliseo esconde un perigoso segredo, e veranse envolvidos nunha emocionante cazaría polas rúas da antiga Roma. Unha novela de intriga e humor para pescudar todo o que sempre quixeches saber sobre os antigos romanos, pero nunca te atreviches a preguntar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario