
Quen foi Elena Diakonova, máis coñecida como Gala? Os seus escritos descóbrennos as claves dunha personalidade que ata agora pasara desapercibida. Aquí emociónanos cos recordos da súa infancia rusa e dun idilio que a marcou profundamente. Atopamos tamén a súa persoal visión do amor, dunha gran intensidade poética: «O máis esencial para min é o amor. É o eixo da miña vitalidade e do meu cerebro, o resorte que me lanza cara a adiante con axilidade...» A vida de Gala foi a súa obra mestra e a súa contribución á mirada de Dalí é incuestionable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario