
Dedica un espazo importante aos grupos e persoas que se opuxeron ás explosións de barbarie -e que cualifica de antídotos culturais- e propón categorías filosóficas que axudan a identificar a irrupción constante do homo demens por encima do seu irmán sapiens.
Breve historia da barbarie en Occidente é, máis que nada, unha lectura urxente. Estamos a vivir condicións históricas, políticas e sociais que volven reais as peores ameazas, e só será posible evitalas se comprendemos as leccións da historia. Non para regodearnos nun arrepentimento inútil, senón para demandar o máis inmediato recoñecemento de todas as vítimas, tanto minorías étnicas, sexuais ou relixiosas como oprimidos e colonizados de calquera recuncho do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario