Esta
novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano constitúe un
achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras
Galegas 2011.
Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David
Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino.
Dende o seu nacemento na vila de néboa e trens, pasando polos días de
descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o
envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes
europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do
primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta
proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario