martes, 6 de noviembre de 2012

FALL OF GRANTS

En Gales, Billy Williams, un sinxelo mineiro; en América atopamos a Gus Dewar, un estudante de dereito co corazón partido por un desengano amoroso. En Rusia, dous irmáns orfos, Grigori e Lev ven no medio dunha revolución que trastorna as súas vidas e acaba por separar os seus camiños. Como nó entre as historias atopamos á irmá de Williams, quen traballa en Inglaterra como ama de chaves de Lady Fitzherbert, namorada dun espía alemán, Walter von Ulrich.

Aos poucos estes personaxes irán atopándose a medida que a inmensa maquinaria creada por Follet avance, tan rápido e violenta como o principio do século XX no que ven inmersos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario